O BNG de Marín inicia unha campaña de recollida de sinaturas contra a suba da luz

199077183_2439641972849289_1747732054226301220_n

O BNG de Marín colocará unha mesa de recollida de sinaturas o vindeiro xoves 17 de xuño, a partir das 10:30 nas inmediacións da rúa Almuíña.

Lucía Santos expón que “non podemos ficar parados ante este tremendo abuso que tan só busca, unha vez máis, o beneficio das compañías eléctricas, prexudicando gravemente a economía das familias e ás PEMES, que xa están asfixiadas pola crise”.

O BNG de Marín inicia unha campaña de recollida de sinaturas contra a suba da luz

O BNG inicia en Marín unha campaña de recollida de sinaturas contra a subida da tarifa eléctrica, despois das últimas modificación do réxime tarifario no consumo da enerxía eléctrica, que provoca unha suba aberrante da factura da luz, coas graves consecuencias que isto causa sobre as familias e sobre as pequenas e medianas empresas en plena crise.

É por isto, que o BNG de Marín colocará unha mesa de recollida de sinaturas o vindeiro xoves 17 de xuño, a partir das 10:30 nas inmediacións da rúa Almuíña.

Lucía Santos, Portavoz Municipal do BNG, expón que “non podemos ficar parados ante este tremendo abuso que tan só busca unha vez mais, o beneficio das compañías eléctricas, prexudicando gravemente a economía das familias e ás PEMES que xa están asfixiadas pola crise”.

Galiza leva décadas soportando os custes ambientais e sociais pero cada vez paga a luz máis cara e hai miles de empregos en xogo polo alto prezo da enerxía, como é o caso de Aluibérica na Coruña. É unha vergoña que Galiza, sendo produtora de enerxía eléctrica e tendo que soportar as súas consecuencias, sexa penalizada co grave impacto económico e social tendo que soportar unha importante suba na tarifa eléctrica mentras que a poboación galega continúa padecendo os salarios e pensións máis baixas do Estado.

Para abaratar o prezo da luz, o BNG defende a intervención pública no sector enerxético e pon sobre a mesa medidas concretas e realizables se hai vontade política. Empezando por reducir o IVE da luz ao 4% fronte ao 21% actual e tamén propón suprimir o imposto especial á electricidade. Tarifa eléctrica galega para que as familias e as empresas teñan unha factura máis barata e se beneficien de ser Galiza un país rico en enerxía eléctrica.

Creación dunha empresa pública galega de enerxía, para camiñar cara unha xestión pública dun servizo e dun ben de primeira necesidade e establecer medidas para que non se lle poda cortar a luz a ningunha persoa ou familia sen recursos. “ Cómpre traballar en políticas de carácter social e antepoñer os dereitos das persoas a unha calidade de vida digna por riba dos intereses das eléctricas” alega a portavoz municipal do BNG.

O BNG de Marín inicia unha campaña de recollida de sinaturas contra a suba da luz