O BNG de Marín esixe ao goberno municipal traballo e propostas para mellorar Marín

193246126_124008693141813_5692006115509916804_n

Lucía Santos lembra que “se non se crean empresas, se o comercio languidece, se a veciñanza carece de alternativas de ocio, especialmente grave no caso da mocidade, que a xente marche de Marín non debería sorprender a ninguén.”

Lucía Santos lamenta que “toda a “capacidade” produtiva do goberno do PP de María Ramallo pasa por unha campaña, absolutamente carente de contido, de autoestima e orgullo de sermos de Marín. Parece que o PP non se entera que a xente de Marín non precisa campañas deste tipo. A xente de Marín está moi orgullosa de ser de Marín, de nacer nesta terra, mais o que precisa son oportunidades de traballo e alternativas de ocio.”

O BNG de Marín esixe ao goberno municipal traballo e propostas para mellorar Marín

No pasado Pleno da Corporación municipal celebrado o xoves 10 de xuño, a Portavoz Municipal do BNG, Lucía Santos, preguntou se o goberno local ten pensado afrontar dunha vez os graves problemas que padece o noso concello.

Como xa é de sobra coñecido, Marín leva perdendo poboación, constante e ininterrompidamente, desde que chegou o PP ao goberno local. Son 1755 habitantes menos que hai 10 anos (-6,75%), dato que coloca a Marín á cabeza da listaxe cos peores datos demográficos dos concellos galegos de máis de 20.000 habitantes, tan só superado por Ferrol.

Estes datos indican ás claras que algo se está a facer moi mal no noso concello, e máis aínda se temos en conta que os concellos da nosa contorna gañan poboación.

A situación do comercio é mala, como se pode constatar polo elevadísimo número de baixos comerciais baleiros. A decadencia do comercio local viuse, obviamente, agravada por causa da pandemia, mais era unha situación existente con anterioridade.

A semana pasada publicouse un novo dato que ven confirmar a mala saúde do noso concello. A constitución de empresas despega na cidade de Pontevedra, presentando este ano o mellor balance dos últimos 10 anos, e tamén medra en concellos como Sanxenxo e Poio, mais non en Marín.

Lucía Santos lembra que “se non se crean empresas, se o comercio languidece, se a veciñanza carece de alternativas de ocio, especialmente grave no caso da mocidade, que a xente marche de Marín non debería sorprender a ninguén.”

A Portavoz municipal do BNG de Marín sostén que “en Marín levamos unha década perdida, cun goberno local que malia os negativos datos que constantemente presenciamos en todos os sentidos non amosa capacidade de reacción, sendo responsábel desta situación. En calquera outro ámbito da vida, económico ou deportivo por exemplo, se unha entidade presenta os datos negativos aos que desgrazadamente xa estamos afeitos/as, hai moito tempo que as persoas responsábeis estarían despedidas.”

Neste sentido, Lucía Santos lamenta que “toda a “capacidade” produtiva do goberno do PP de María Ramallo pasa por unha campaña, absolutamente carente de contido, de autoestima e orgullo de sermos de Marín. Parece que o PP non se entera que a xente de Marín non precisa campañas deste tipo. A xente de Marín está moi orgullosa de ser de Marín, de nacer nesta terra, mais o que precisa son oportunidades de traballo e alternativas de ocio. Do contrario, continuarán marchando de Marín.”

E remata “Xa está ben, póñanse dunha vez a traballar e a procurar solucións para reverter esta tendencia. Levamos 10 anos cun goberno ensimismado en presentar un fermoso cascarón, mais oco completamente por dentro, se non podre. Estamos ante un goberno apoiado por 15 concelleiros/as, con 4 adicacións exclusivas, incapaz de dar solución aos problemas de Marín, e nin tan sequera de presentar uns orzamentos desde 2018.”

O BNG de Marín esixe ao goberno municipal traballo e propostas para mellorar Marín