O BNG insta ao Concello a limpar a rúa Ribeira de Abaixo

 

Lucía Santos solicita ao Concello unha intervención para limpar e desinfectar a Rúa Ribeira de Abaixo coa finalidade de garantir o benestar da veciñanza

O BNG insta ao Concello a limpar a rúa Ribeira de Abaixo

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) solicitou no pleno do pasado 8 de agosto unha intervención para limpar e desinfectar a Rúa Ribeira de Abaixo, tras recibir queixas da veciñanza sobre o estado lamentable da rúa. A presenza de cristais rotos, restos de lixo e verdello acumulado nas escadas da rúa está a xerar preocupación entre os residentes.

Lucía Santos, voceira do BNG, subliñou a necesidade de que o Concello actúe para mellorar as condicións de salubridade na Rúa Ribeira de Abaixo. "Non se pode permitir que unha rúa tan emblemática se converta nun foco de perigos e insalubridade" declarou.

p1
p1

O BNG destaca que a protección do espazo público e o coidado das rúas son responsabilidades compartidas, nas que o Concello debe asumir un papel proactivo para asegurar que todas as zonas de Marín manteñan un estado axeitado de limpeza.

O BNG insta ao Concello a limpar a rúa Ribeira de Abaixo