O BNG solicita a revisión dos cálculos económicos no concurso do Servizo de Axuda no Fogar

undefined

Celia García manifestou que un axuste dos cálculos económicos permitiría reducir o prezo medio anual do contrato, o que suporía un aforro significativo para as arcas municipais e garantiría que o prezo por hora do servizo se manteña na media galega

O BNG solicita a revisión dos cálculos económicos no concurso do Servizo de Axuda no Fogar

No pleno municipal do 8 de agosto, a concelleira do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Celia García, expresou a conformidade co contido da memoria xustificativa, o estudo económico e a documentación soporte do concurso para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Con todo, propuxo unha revisión das previsións económicas utilizadas, que estimaron un incremento salarial do 3% anual e unha inflación do 1,5% para outros custos entre 2025 e 2028. García solicitou que se revise este apartado específico dos cálculos económicos globais antes da publicación definitiva.

García subliñou que estas cifras non coinciden coas recentes previsións do pasado mes de xullo.do Banco de España e da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF), que sitúan o incremento anual en torno ao 2%. “Un axuste destas previsións permitiría reducir o prezo medio anual do contrato nun 1,99%, o que suporía un aforro significativo para as arcas municipais ao ser menor o prezo máximo de licitación e garantiría que o prezo por hora do servizo se manteña na parte máis alta da media galega” declarou.

Ademais, a Concelleira criticou o insuficiente financiamento do SAF por parte da Xunta de Galicia e por parte da administración estatal vinculado ao Ministerio de Dereitos Sociais. Lembrou que a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), da que forma parte a alcaldesa de Marín, xa solicitou que estas administracións cubran o 100% do financiamento do SAF, tal como establece a Lei de Dependencia.

Na mesma liña, recordou que, na sesión de control do Parlamento Galego do pasado 10 de xullo, o presidente Alfonso Rueda recoñeceu a necesidade de revisar á alza a achega autonómica, que desde 2023 é de 12€ por hora. A pesar disto, o Partido Popular (PP) rexeitou unha proposición non de lei do BNG que demandaba un incremento inmediato desta achega ata os 20€ por hora nos próximos dous anos.

O BNG de Marín reafirma o seu compromiso cun SAF xusto e ben financiado, defendendo un enfoque económico realista que non sobrecargue as finanzas municipais e que garanta un servizo de calidade.

O BNG solicita a revisión dos cálculos económicos no concurso do Servizo de Axuda no Fogar