O BNG insiste na consolidación do terraplén situado á altura da finca de Alcántara, ao seu paso por Mogor na PO-551, para garantir a seguridade viaria

Terraplén
Terraplén en Mogor na PO-551

No pasado mes de xuño o BNG solicitou na Comisión de Rural que se acometeran obras de as consolidación deste terraplén que incomprensibelmente quedaron sen rematar no ano 2013, tras producirse unha serie de desprendementos de pedras que chegaran a invadir a estrada, solicitude na que insistimos onte na Comisión de Rural.

O BNG insiste na consolidación do terraplén situado á altura da finca de Alcántara, ao seu paso por Mogor na PO-551, para garantir a seguridade viaria

Nos pasados días producíronse desprendementos no terraplén situado á altura da finca de Alcántara, ao seu paso por Mogor na PO-551, motivados pola chegada do mal tempo e as chuvias propias desta época do ano. No pasado mes de xuño o BNG solicitou na Comisión de Rural que se acometeran obras de consolidación deste terraplén, tras producirse unha serie de desprendementos de pedras que chegaran a invadir a estrada, solicitude na que insitimos onte na Comisión de Rural.

En xaneiro de 2013 o Pleno da Corporación Municipal aprobou por unanimidade unha moción presentada polo BNG na que, entre outras cuestións, solicitábase a realización dunhas obras en materia de seguridade viaria na PO-551 ao seu paso pola parroquia de Mogor, concretamente a consolidación de dous terrapléns situados ao pé da mencionada estrada, un á altura de Portocelo (por debaixo da finca de Alcántara) e o outro no punto quilométrico 590 antes da curva do matadoiro. A consolidación destes muros solicitarase anteriormente en repetidas ocasións.

Desde o BNG advertíamos da falta de seguridade viaria neste tramo da PO-551 que atravesa a parroquia de Mogor, e do perigo de que se puidera producir un accidente de tráfico a causa dos desprendementos de terra e pedras enriba da beirarrúa e sobre a estrada, o que poñía en perigo tanto a integridade dos peóns como dos automovilistas.

A Xunta de Galiza comunicoulle ao Concello de Marín en marzo dese mesmo ano que o Servizo Provincial de Estradas levaría a cabo estas actuacións. Segundo o comunicado do Servizo Provincial, no prazo máis breve posible procederiase á estabilización do noiro de desmonte, previa limpeza mediante a execución de drenes californianos, bulonado, malla de triple torsión e gutinado para protección de talude.

Finalmente estas obras iniciáronse en xuño do ano 2013, mais incomprensiblemente quedaron sen rematar nunha estrada que soporta un importante volume de tráfico.

A veciñanza de Mogor comunicounos que con motivo das choivas que tiveron lugar a finais do mes de maio producíronse desprendementos no terraplén situado por debaixo da finca de Alcántara, na parte do mesmo que quedou sen rematar e varias pedras de importante tamaño caeron na estrada, co conseguinte risco para a tráfico rodado.

Por todo isto, o BNG solicitou ao Goberno Municipal, na Comisión de Rural, que se acometaran as obras de consolidación do terraplén situado á altura da finca de Alcántara, obras que incomprensibelmente quedaron sen rematar no ano 2013. Mais chegamos aos meses de mal tempo e o problema segue sen resolver, continuando a producirse desprendementos de pedras de importante tamaño coa chegada das primeiras chuvias, polo que o BNG insistiu onte na Comisión de Rural que se acometan estas obras de consolidación á maior brevidade posíbel para garantir a seguridade viaria nesta estrada que soporta un importante volume de tráfico.

O BNG insiste na consolidación do terraplén situado á altura da finca de Alcántara, ao seu paso por Mogor na PO-551, para garantir a seguridade viaria