Marín en Bloque: Novo número do Boletín do BNG de Marín

Marín en Bloque
Marín en Bloque

O BNG de Marín ven de editar 10.000 exemplares dun Boletín que chegará nas vindeiras horas a todas as vivendas do noso concello, no que se recollen algunhas das propostas máis destacadas que a nosa organización levou a cabo nos últimos 12 meses.

Marín en Bloque: Novo número do Boletín do BNG de Marín
Desde a información en relación á importante renovación que o BNG acometeu a nivel local, pasando por propostas que levamos a Pleno como a demanda dunha Biblioteca municipal moderna, a recuperación da festa dos maios, o recoñecemento a Carmen Pesqueira "A Capirota", o Plan de Protección Arqueolóxica para Marín ou o Plan de Protección do casco vello.  Amais tamén se destaca a recollida de máis de mil sinaturas que o BNG recolleu en apenas unhas semanas demandando unha Sanidade Pública de Calidade, nomeadamente o servizo de radioloxía prometido, a campaña en defensa do Lago e do Parque de Castiñeiras ou a importante axuda económica que a Deputación de Pontevedra está a inxectar no noso Concello e que está a permitir a realización de importantes obras de mellora.
 
Coa elaboración de boletíns periódicos o BNG de Marín procura levar a cabo a máxima do contacto permanente coa veciñanza, neste caso para trasladarlle parte do traballo que a nosa organización realizaou nos útlimos meses.
 
Accede ao boletín completo na seguinte ligazón: https://www.facebook.com/699926370154200/posts/1541023246044504/
 
Marín en Bloque: Novo número do Boletín do BNG de Marín