O BNG esixirá ao goberno municipal a elaboración do Plan Especial de Protección dos cascos antigos

Reunión Cantodarea
Reunión Asociación Veciñal “A Fonte” de Cantodarea-Estribela

Lucía Santos lembra nunha reunión coa Asociación Veciñal “A Fonte” de Cantodarea-Estribela que “a aprobación deste Plan ven recollida no PXOM, aprobado no ano 2012, resultando de obrigatoriedade a súa creación para a protección, conservación e desenrolo dos conxuntos históricos”.

Santos lembra que “a falta deste Plan está a provocar o abandono e deterioro dos cascos vellos, que atesouran a identidade dun pobo, e a aparición dunha serie de problemáticas sociais que xeran unha crecente inseguridade cidadá.”

 

O BNG esixirá ao goberno municipal a elaboración do Plan Especial de Protección dos cascos antigos

O BNG de Marín mantivo o pasado venres 11 de novembro unha xuntanza cun grupo de mulleres integrantes da Asociación Veciñal “A Fonte” de Cantodarea-Estribela. Ademais de expoñer unha serie de demandas do lugar, as representantes veciñais deron a coñecer as numerosas actividades que veñen desenrolando coa intención de poñer en valor esta zona do noso concello, e creando ao mesmo tempo un ambiente de vecindade realmente admirábel.

Entre outras cousas, a asociación veciñal amosou a súa máxima preocupación polo estado de abandono e degradación do barrio de Cantodarea. Ante esta situación, a portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, comprometeuse a esixir ao goberno municipal a elaboración do Plan especial de protección para os cascos antiguos de Marín e Cantodarea no vindeiro pleno municipal.

Lucía Santos lembra que “a aprobación deste Plan ven recollida no PXOM, aprobado no ano 2012, resultando de obrigatoriedade a súa creación para a protección, conservación e desenrolo dos conxuntos históricos”.

Mais ante a inacción do goberno local do PP neste tema de tal importancia para o desenvolvemento da nosa vila “o BNG presentou unha moción en febreiro de 2018 demandando a elaboración do Plan de protección dos cascos antigos de Marín e Cantodarea por parte do goberno local, moción que saiu aprobada por unanimidade, mais case 5 anos despois da aprobación desta moción, e 10 anos despois da aprobación do PXOM, o goberno local do Partido Popular segue sen actuar”, tal e como lembra a portavoz municipal do BNG.

A comezos do pasado mes de outubro, o concelleiro de urbanismo Manuel Santos, informou da intención do goberno local de iniciar o procedemento para a elaboración do Plan. Lucía Santos manifesta a súa “satisfacción de que o PP por fin pareceu decatarse de que cómpre elaborar este Plan”, mais ante os numerosos incumprimentos por parte deste goberno “o BNG permanecerá vixiante e esixirá, as veces que sexa necesario, a elaboración do Plan dunha vez por todas.”

Lucía Santos lembra que “a inexistencia deste Plan de Protección dos cascos vellos está a ter unhas consecuencias moi negativas para os cascos vellos do noso concello, xa que para calquera tipo de obra é precisa a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio, o que está provocando esperas que nalgún caso van máis alá dos dez anos para poder realizar actuacións no entorno do casco vello.”

Lucía Santos indica que “a inacción do goberno de María Ramallo ten graves consecuencias”, xa que ademais de estar incumprindo a normativa do PXOM poñendo en perigo as zonas históricas de Marín, “a falta deste Plan imposibilita que o Concello de Marín participe na convocatoria da oferta pública de adquisición de inmobles do programa Rexurbe, impulsado pola Xunta para a rehabilitación de vivendas nos cascos históricos.”

Santos lembra que “a falta deste Plan está a provocar o abandono e deterioro dos cascos vellos, e non só afecta á evidente perda e degradación das zonas que deberan recibir unha maior atención por parte do goberno local, pois estamos a falar dos cascos vellos, as zonas que atesouran a identidade dun pobo. Esta situación de abandono, degradación e feísmo dos cascos antigos da localidade está a provocar a aparición dunha serie de problemáticas sociais que xeran unha crecente inseguridade cidadá.”

A portavoz municipal manifesta que “Marín non lidera o ranking de concellos galegos en perda de poboación por casualidade, senón que esta se debe á falta de xestión do goberno do PP, incapaz de cumprir as súas funcións.”

O BNG esixirá ao goberno municipal a elaboración do Plan Especial de Protección dos cascos antigos