O BNG continúa coa campaña contra a constante suba da tarifa eléctrica
O BNG convoca á cidadanía marinense a participar nun apagón eléctrico masivo e unha cazolada o vindeiro venres 8 de outubro, entre as 22.00 e 22.30 horas, ante o aumento escandaloso da tarifa da luz e o seu impacto económico e social, especialmente duro sobre as clases populares.
No marco da campaña emprendida por todo o país polo BNG contra a brutal suba da luz, a organización convoca á cidadanía a participar o vindeiro venres 8 de outubro, entre as 22.00 e 22.30 horas, a participar dun apagón eléctrico masivo e unha cazolada, ante o aumento escandaloso da tarifa da luz e o seu impacto económico e social, especialmente duro sobre as clases populares.
“Desconecta as eléctricas” é o lema escollido para a convocatoria desta acción simbólica.
Trátase de reivindicar unha tarifa eléctrica galega e contar con instrumentos políticos propios que nos permitan intervir no mercado, sermos donos da nosa auga e do noso vento, e poder plantar cara ao oligopolio eléctrico. No caso galego, especialmente, como país produtor, se compensen os custos sociais e ambientais desa produción.
Lucía Santos, portavoz municipal do BNG, fai un chamamento á veciñanza de Marín a animarse a levar a cabo unha participación activa nesta convocatoria: apagando as luces e realizando unha cazolada desde a xanela ou balcón contra o abuso da tarifa eléctrica.
Asímesmo, o BNG de Marín volverá saír á rúa por terceira semana consecutiva, este venres 8 de outubro para continuar coa recollida de sinaturas contra a estafa que supón a suba contínua do prezo da luz marcando récords a diario, como é o caso deste xoves no que o MWh custará até 228,59 euros.