O BNG celebra unha Asemblea veciñal en San Pedro

ASEMBLEA VECIÑAL SAN PEDRO(1)
Asemblea Veciñal San Pedro
O BNG de Marín celebrará mañá venres 2 de decembro, ás 19:00h. nas inmediacións da pista de deporte, unha Asemblea veciñal en San Pedro, coa finalidade de falar das problemáticas e necesidades da zona.
O BNG celebra unha Asemblea veciñal en San Pedro
O BNG de Marín celebrará mañá venres 2 de decembro unha Asemblea veciñal en San Pedro, coa finalidade de falar das problemáticas e necesidades da zona.
 
A reunión, que terá lugar ás 19:00h. nas inmediacións da pista de deporte, enmárcase na campaña "Pensar Marín" que o BNG puxo en marcha en decembro do ano pasado coa finalidade de abrir un debate necesario coa sociedade marinense en relación ao Marín que queremos, ao Marín do futuro.
 
O BNG está achegándose e escoitando os diferentes axentes sociais e á veciñanza do noso concello (comercio, ensino, parroquias e lugares...) recollendo as súas inquedanzas e as súas ideas para facer un Marín mellor entre todos e todas.
 
Marín leva 11 anos perdendo poboación, pasando de ser o concello máis poboado do Morrazo en 2010 a ver como hoxe Cangas nos supera en 2.460 habitantes e a liderar a clasificación de concellos galegos de máis de 20.000 habitantes en perda de poboación. Lucía Santos, Portavoz municipal do BNG, afirma que “no BNG consideramos absolutamente necesario iniciar unha reflexión colectiva para analizar as causas desta tendencia tan negativa e reverter a situación convertendo Marín nun concello dinámico e vivo.”
O BNG celebra unha Asemblea veciñal en San Pedro