O BNG anuncia unha manifestación contra a alza dos prezos

317560385_1183275898963079_4631205270300907477_n
Lucía Santos, portavoz do BNG de Marín, xunto cos representates do BNG de Bueu, Cangas e Moaña

O BNG convoca unha mobilización nacional para o 18 de decembro en Compostela, con saída ás 12:00 h. dende a Alameda ante a crise socieconómica que estamos a padecer.

Haberá autobuses gratuítos desde Marín a disposición das persoas que queiran participar nesta mobilización.

O BNG anuncia unha manifestación contra a alza dos prezos

O Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego vén de aprobar na súa última xuntanza que, no contexto de crecente deterioro ECONÓMICO, SOCIAL E AMBIENTAL, cómpre desenvolver unha resposta de carácter integral a esta situación coa formulación de propostas alternativas para unha saída galega e xusta á crise e con mobilizacións en defensa dos intereses de Galiza, das maiorías sociais e dos servizos públicos.

Ultimamente xa se veñen escoitando de voz das representantes políticas do BNG alternativas fronte a esta situación de crise socioeconómica.

Pero tamén se considera indispensable a convocatoria dunha mobilización nacional para o 18 de decembro en Compostela, con saída ás 12:00 h. dende a Alameda.

As razóns que nos levan a convocar esta manifestación son as seguintes:

- Unha saída galega e xusta á crise. A crise de prezos existente está a provocar un empobrecemento do pobo galego sen precedentes. Lonxe das medidas cosméticas que se están a adoptar por parte dos gobernos da Xunta e do Estado, urxe tomar medidas efectivas que eviten que, máis unha vez, pague esta crise quen menos ten. Do mesmo xeito, o deterioro progresivo e planificado que se está a dar en servizos públicos, como acontece no ámbito sanitario ou educativo, está a ter un grande impacto negativo no noso país.

- Pola paz e a fin da escalada bélica. A guerra na Ucraína está a empregarse como causa para xustificar o contexto actual e introducir máis precariedade nas clases populares. Mentres, a realidade é o reforzamento da OTAN e dos USA, coa UE ao seu servizo, co desvío de inxentes cantidades de orzamentos públicos para gasto en armamento.

- Pola soberanía de Galiza. Na raíz dos problemas que estamos a vivir está o propio modelo económico neoliberal e a perda de control dos sectores estratéxicos. No caso da nosa nación, ademais, a situación agrávase por carecermos de soberanía, e, polo tanto, de capacidade para decidir sobre as cuestións que nos afectan como pobo.

- Resposta social e mobilización para mudar as cousas. O BNG é unha forza política que non aspira a aceptar o statu quo actual, se non a transformalo. O nacionalismo galego ten alternativas políticas a esta situación e está ao carón do pobo, preocupado polos problemas reais das galegas e dos galegos, denunciando situacións inxustas e achegando solucións concretas.

Co fin de facilitar a asistencia á manifestación, o BNG do Morrazo porá autobuses a disposición das persoas asistentes. A veciñanza de Marín interesada en asistir e anotarse no autobús pode poñerse en contacto co BNG de Marín a través das redes sociais, por correo electrónico ([email protected]) ou por teléfono (666145209).

O BNG anuncia unha manifestación contra a alza dos prezos