O BNG de Marín renova o seu Consello Local

consellolocal
consellolocal

A Asemblea Local do BNG de Marín renovou o seu Consello Local nunha xuntanza celebrada o pasado mércores 9 de outubro.

O BNG de Marín renova o seu Consello Local

Analizada a nova situación política despois das eleccións municipais, e tendo en conta o crecemento organizativo do BNG de Marín, decidimos renovar este órgano de dirección local e escoller como nova Responsábel Local á nosa representante no concello Lucia Santos Omil e como vice-responsábel Pedro M. Cortegoso Gago.

O conxunto da militancia depositou a súa confianza en Lucia Santos para liderar e relanzar a alternativa do nacionalismo en Marín, continuado cun traballo desde a base e en constante comunicación co enramado asociativo do noso concello.

A nosa acción política terá como base o programa electoral das pasadas eleccións municipais, un programa con ideas e propostas para mellorar Marín. Tamén esperamos afrontar as vindeiras eleccións xerais e autonómicas con ilusión aportando o noso traballo ao crecemento institucional do nacionalismo galego.

O BNG seguirá co seu traballo para construción dunha alternativa nacionalista sólida que serva para poñer freo á desfeita demográfica do noso concello, propoñendo medidas para mellorar a mobilidade no casco urbano e apostando pola implantación dun modelo urbano moderno e do século XXI.

A composición do Consello Local quedou conformada polas seguintes persoas:

1.- Lucía Santos Omil (Responsábel Local)

2.- Pedro Cortegoso Gago (Vice-responsábel Local)

3.- Pamela Martínez Cortegoso

4.- Roxelio Carballa Barroso

5.- Jessica Souto Loira

6.- Xoán Daniel Rosales Rivas

7.- Cristina Sobral Villanueva

8.- Xurxo Agra do Pazo

9.- Pablo Blanco Agraso (Responsábel GZ Nova)