Programa eleccións municipais 2023

IMG-20230412-WA0003

O BNG de Marín presenta un programa para gobernar Marín, unha folla de ruta clara e concreta para facer de Marín un concello de vangarda. 

O BNG ten un proxecto, as ideas claras e a vontade de sumar, e faino apoiándose no modelo BNG de política municipal, un modelo solvente e recoñecido, que mellora a vida das persoas, revitaliza os concellos e fai que a xente se sinta orgullosa de vivir na súa vila.

Para acceder ao programa electoral do BNG de Marín, preme na seguinte ligazón:

https://www.calameo.com/read/007363562582063b789da

Nestas eleccións o BNG presenta unha versión fácil de entender destinada ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e outras persoas con dificultades de comprensión. O BNG é a primeira formación política da historia de Marín en presentar o programa electoral nunha versión de fácil comprensión. Para consultar a versión de lectura fácil preme na seguinte ligazón:

https://www.calameo.com/read/007363562d16e34b0982b