Posta en valor das rutas de sendeirismo de Marín e do Patrimonio cultural de ditas r

Posta en valor das rutas de sendeirismo de Marín e do Patrimonio cultural de ditas r

15_bng_asembleas_abertas_logo_cadrado_blanco (2) O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego-Asambleas Abertas, e ao abeiro da lexislación vixente, presenta a seguinte MOCIÓN, para o seu debate e posterior aprobación, se procede, polo Pleno da Corporación Municipal de Marín,

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

 

O Concello de Marín dispón de elementos culturais e naturais de especial relevancia que deberan facer de Marín un punto turístico de parada obrigatoria nas Rías Baixas, tanto pola sua situación xeográfica como pola sua riqueza paisaxística, arquitectónica  e cultural...pero lamentabelmente non é así. Contamos con importantes xacementos prehistóricos como son os Petróglifos de Mogor, o Castro da Subidá, as Mámoas de Castiñeiras, o Menhir de Currás...temos dúas igrexas románicas do século XII en Santomé e Sta. María do Campo,muíños, lavadoiros, cruceiros, o casco antigo de Marín(totalmente abandonado). E estes tan só son algúns exemplos do que a nosa vila pode ofrecer como reclamo turístico. Ademáis da beleza paisaxística do noso entorno, desde as praias até os montes como o Lago de Castiñeiras (espazo cada vez mais degradado), Penizas ou o Pornedo desde onde podemos gozar dunhas espectaculares vistas da Ría, por destacar só algúns lugares.

 

Na actualidade está en pleno auxe a práctica demámoa rei sendeirismo, e Marín conta con recursos atractivos de sobra para atraer os amantes desta práctica. No mandato do bipartito  dende a Concellaría de Medio Ambiente gobernada polo BNG creáronse dúas rutas que son a “Ruta das Praias”, que vai dende a praia de Portocelo até a praia do Santo e a “Ruta do Monte Penizas” que sae do Lavadoiro do río Lameira e remata na Igrexa de Santomé. E no mes de xuño do ano 2015 foi inaugurada unha nova ruta, o “Roteiro do Espazo natural e arqueolóxico dos sete camiños”

 

O pasado venres 19 de frebreiro, a Asociación Cultural “Almuinha”fixo unha petición ó Goberno Municipal para, a través dunha política ambiciosa, converter a Marín nun referente do sendeirismo. Na sua solicitude pedían nunha primeira fase actuacións moi sinxelas de desenrolar como son diferenciar dúas rutas do Monte Penizas e o remate das rutas das Mámoas e a do río Lameira ou río Castiñeiras. Ademais disto, Almuinha solicitaba unha correcta sinalización e información dos puntos de maior relevancia das rutas así como unha mellor publicidade do conxunto das rutas.

 

De levarse a cabo esta solicitude, Marín contaría con sete rutas de sendeirismo (unha vez rematada a dos cinco miradoiros) que levarían ós camiñantes polos espazos naturais e elementos culturais de maior relevancia do noso concello.

 

Por todo isto,

 

SOLICITAMOS

 

  1. Que se resolva a duplicidade actualmente existente da “Ruta do Monte Penizas” denominando a ruta que chega até Santomé como “Ruta do Monte Penizas-Santomé”.
  2. Que se inicien as actuacións precisas para rematar a “Ruta das Mámoas”.
  3. Que se sinalicen correctamente todas as rutas e se coloquen paneis informativos nos principais lugares de interese.
  4. Que se publiciten por parte do Concello todas as rutas a través de folletos, páxina web do Concello...para aumentar a sua difusión e coñecemento. 

    En Marín, a 25 de febreiro do 2016.

     

     

     

    Asda: Lucía Santos Omil

    -Concelleira do G.M. do BNG-Asambleas Abertas-