Un novo verquido no Loira pon de manifesto a total incompetencia da concelleira de Medio Ambiente

Un novo verquido no Loira pon de manifesto a total incompetencia da concelleira de Medio Ambiente

Unha imaxe que se repite continuamente no cauce do Loira

O goberno local segue sen dar solución aos continúos verquidos no río Loira

Por enésima vez as augas fecais contaminaron o río e a praia e foron @s veciñ@s quen deron a alerta

Un novo verquido alcanzou onte as augas do río Loira que  finalmente alcanzou a praia.

Desta volta os axentes do Seprona comprobaron de primeira man que as augas fecais procedían do aliviadoiro do bombeo municipal situado a carón do río.

Os feitos

Foron de novo @s veciñ@s os que alertaron ao 112 a última hora da tarde de onte cando comprobaron que as augas baixan contaminadas. “Segundo as testemuñas, as augas baixaban totalmente abrancuxadas polo verquido e despedían un tufo a fecal que alertou de que algo ía mal. Enseguida chamaron ao Servizo de Ermerxencia e á Garda Civil, mais o verquido pudo estar producíndose dende moitas horas antes, e incluso días,  a xuizo do aspecto que presentaba o río”, afirma a portavoz do BNG, Pilar Blanco.

Os veciños pregúntase a que esperan os responsables municipais para darlle solución aos continúos fallos da rede na zona de Loira, e que están a provocar a contaminación da auga da praia na que se bañan habitualmente nenos e maiores.

“A pesar de que solicitaron reunión coa alcaldesa despois do anterior verquido que tivo lugar o día 7 de setembro a día de hoxe aínda non foron recibidos”, engade.

Mais fallos noutros bombeos

FOTO EMBARCACIÓNSwebO río Loira non é o único punto no que se están a producir fallos no bombeo de augas fecais. “Segundo puidemos saber este tipo de  verquidos prodúcense tamén habitualmente no aliviadoiro do bombeo situado no muelle de Aguete dende hai meses, provocados tamén pola falta de mantemento da rede e do funcionamento das alarmas”, afirma a concelleira nacionalista.

Incompetencia municipal

“Isto volve demostrar que o Concello ten desactivado  sistema de alarmas que debería alertar  aos servizos municipais de fallos na rede, de xeito que se poidan atallar os verquidos aos cauces fluvias e ao mar”, afirma Pilar Blanco.

“Trátase dunha total incompetencia da concelleira de Medio Ambiente do goberno local do PP, responsable directa deste servizo. É ináudito que despois dos verquidos das últimas semanas, e de todos os que se veñen producindo, non se tiveran tomado medidas para evitar esta situación. Hoxe en día existen medios para poder detectar o fallos nos bombeos case ao mesmo tempo que se producen”, engade.

Non hai ningún sistema de alertas que avise aos servizos municipais de fallos na rede

“Non hai ningún sistema de alertas que avise aos servizos municipais de fallos na rede. Sempre son @s veciñ@s os que avisan, e con sorte os verquido xa se iniciou horas atrás, cando non días como desta volta”, engade.

“O goberno local pasa dos veciños, fai caso omiso dos requirimentos de Augas de Galicia e neste tema, como en todo o relaccionado co Medio Ambiente, amosa unha total insensibilidade e irresponsabilidade que repercute directamente na calidade de vida dos veciños e veciñas de Marín”, finaliza a portavoz do BNG

Marín, 8 de outubro de 2014