retirada
BE-NE-GÁ
165263406_3677331498983119_6989171090678660648_n

O BNG insiste na retirada da proposta de modificación do regulamento de control de pesca

O BNG de Marín ven de solicitar ao Concello o traslado ao goberno da Xunta e subdelegación de goberno do acordo acadado no pasado Pleno municipal celebrado o pasado 8 de abril, tras o debate da moción do BNG, no que se pide a retirada da proposta de modificación do regulamento de control de pesca, aprobada pola maioría dos deputados e deputadas no Parlamento Europeo.

Ler novas
BE-NE-GÁ
atascos

O BNG solicita a retirada da Zona Azul

atascos

Consideramos que a proposta de ordenanza reguladora do estacionamento parte dun enfoque equivocado e non incide no problema real que temos en Marín. Os problemas de tráfico e aparcamento veñen motivados pola falla dun deseño dos espazos urbanos da nosa vila que non ten en conta a prioridade fundamental que son as persoas.

Estamos ante unha nova improvisación por parte do goberno municipal que carece dun modelo para o noso concello. Hoxe necesitamos que Marín deixe atrás propostas e modelos urbanos do século XX e se incorpore ao século XXI.

A tendencia en Europa pasa por asumir que as persoas son a prioridade, e por actuacións encamiñadas á humanización das rúas. Esta é a premisa que move as propostas de planificación en cidades e vilas que queren un entorno mellor.

E non temos que ir moi lonxe para ver os resultados positivos destas actuacións, o exemplo témolo á nosa beira, na cidade de Pontevedra, recoñecida internacionalmente como cidade modelo, implantando a zona 30 onde levan anos sen sufrir accidentes. 

Marín necesita mais rúas peonís, Marín necesita humanizar as rúas, necesitamos dar solucións integrais aos problemas e non improvisar solucións parciais.

Se temos moitos coches parados ocupando un espazo público no centro da vila durante moito tempo o que non podemos facer e poñer todos eses coches en movemento, a dar voltas cada 60 minutos para buscar un novo aparcamento. Isto vai provocar unha maior densidade do tráfico e polo tanto un incremento dos niveis de contaminación do aire, conseguindo así o efecto contrario ao que se pretende na argumentación desta ordenanza.

En canto á dinamización da economía comercial da vila, entendemos que este obxectivo non se vai acadar na medida en que esta proposta de limitar o estacionamento a 60 minutos non é realista. Nese espazo de tempo é imposíbel facer unhas mínimas xestións, facer compras ou ir a un local de hostalería. Para potenciar o comercio é preciso mellorar a súa contorna, e isto non só se limita a ampliar rúas… Precisamos crear zonas peonís e facer de Marín un lugar mais atractivo e cómodo.

Tentar dinamizar a economía local incidindo unicamente nunha regulación dunhas determinadas zonas de aparcamento non é a solución máis acaida. Pola contra entendemos que vai provocar o efecto contrario, vai facer que as persoas que viñan  das parroquias á vila opten por facer as súas compras e xestións nos concellos limítrofes de Bueu e Pontevedra.

A dinamización do comercio e da hostalería local pasa por outro tipo de medidas. Por facer mais atractivos e cómodos os entorno urbanos, tanto en Marín coma en Seixo, por ter unha axenda de actividades lúdico-culturais estábel que sexa un polo de atracción, en definitiva por face atractivos os núcleos de Marín e Seixo.

Botamos en falta na presentación desta ordenanza os estudos pertinentes para facer esta proposta. Non constan informes Técnicos que avalen que o proxecto de Zona Azul sirva como revulsivo da economía local do Concello.  Onde está o Informe dos Técnicos da Concellaría de Comercio (Turismo, Dinamización, Parques e Xardíns e Cemiterios) que aposten por esta medida?

 

ALEGACIÓNS:

1. O comercio local ten un problema estrutural que non se resolve coa creación de zona azul. En vez de analizar cal é o problema fundamental do noso comercio, o que se procura é unha solución que a priori non vai resolver os problemas que afectan a este sector económico.

 2. Limitar o tempo a 60 minutos, e polo tanto crear un novo problema que hoxe non existía, vai provocar un efecto de fuxida a concellos limítrofes para realizar compras e xestións. Non podemos obviar a oferta que ofrecen concellos como Pontevedra con amplas zonas de aparcamento disuasorio e centros comerciais. Polo tanto a implantación da Zona Azul pode provocar un efecto nocivo para o comercio e a hostalaría de Marín.

 3. A implantación da Zona Azul obrigará a que os usuarios que usan habitualmente esa zona de aparcadoiro, tanto as persoas residentes en Marín como as que veñen traballar desde outros concellos, procuren outras zonas onde aparcar o coche levando o problema a outros lugares.

4. A proposta do Goberno Municipal non vai acompañada da creación de novas zonas de aparcamento disuasorio, polo que castiga aos veciños da vila de Marín que non teñen onde aparcar por carecer  de praza de garaxe, hai que ter en conta que moitas edificacións carecen deste tipo de instalacións.

5. A proposta de construción do novo Auditorio vai facer desaparecer aínda máis zonas de aparcamento, pois aínda que é certo que recolle un aparcadoiro no mesmo, as prazas que ofertan son menores das que se van destruír no lugar (unhas 80 aproximadamente).

 6. En vez de crear zonas novas de aparcadoiros disuasorios con esta iniciativa o que se fai é modificar o status de zonas xa existentes, polo que non se incrementa a capacidade. Isto vai provocar un incremento do tráfico de axitación coa conseguinte repercusión negativa no medio ambiente e no nivel de ruído.

  7. O control por parte da Policía Local de Marín do cumprimento desta ordenanza vai implicar unha maior carga de traballo para este corpo, provocando unha desatención doutros servizos e actuacións que se viñan prestando até hoxe.

Por todo o anteriormente exposto, solicitamos a retirada da proposta de ordenanza municipal así como se leve a cabo a búsqueda de nova localizacións para aparcamentos disuasorios.

Que o concello de Marín participe no Plan Ágora da Deputación de Pontevedra para a creación de espazos públicos destinados ao movemento das persoas.


 

Ler novas