O BNG organiza a presentación do libro "A vida incerta" de Montse Fajardo sobre a figura de Virxinia Pereira
O venres 28 de marzo, ás 20:00 horas, na Casa da Veiguiña, Montse Fajardo presenta “A vida incerta”, un libro que rescata a figura de Virxinia Pereira, a muller de Castelao. Unha muller que fixo moito pola cultura galega e as ideas republicanas, e da que pouco coñecemos a súa importancia.