8M: O BNG non acudirá aos actos institucionais do Concello de Marín

88434883_1979562795523878_6827909698876866560_n

No BNG decidimos non acudir aos actos institucionais organizados polo Concello de Marín, por banalizar un día, o da “Muller Traballadora”, carecéndoo do sentido reivindicativo que pouco ten a ver coa temática deste ano adicado ás mulleres coidadoras.

8M: O BNG non acudirá aos actos institucionais do Concello de Marín

Desde o BNG de Marín queremos trasladar o noso malestar e desacordo, coa noticia que soltou o Concello de Marín con respecto o 8M: “Baixo o paraugas da unidade”, máis ben é baixo un paraugas da hipocrisía, das mentiras e a indiferenza cara un problema tan importante como é a lacra machista que esta acabando coas mulleres. Fronte esta situación o concello de Marín o único que fai é sacar proveito, enganar á veciñanza e incluso as membros do CIM de Marín.

Desde o Concello de Marín sacan peito dicindo que o día 8M pódese facer unha andaina de Ruta Montes e Praias en beneficio da AECC, e que tamén pódese facer unha festa gastronómica como é o Bolo do Pote.

O goberno do PP disfrazan a realidade e nos din que o 8M en Marín temos o mellor plan. Este é a maneira tan revolucionaria que ten o PP de Marín de organizar un día como o 8M, queda clara o súa incapacidade neste eido, a falta de empatía cara as mulleres e a pouca honestidade por parte da concelleira de servizos sociais.

No BNG decidimos non acudir aos actos institucionais organizados polo Concello de Marín, por banalizar un día, o da “Muller Traballadora”, carecéndoo do sentido reivindicativo que pouco ten a ver coa temática deste ano adicado ás mulleres coidadoras.

Por outro lado, queremos manifestar o noso respecto polas entidades que organizan os actos da andaina (AECC) e o bolo do pote (A. C. Pousos da Area) que ano tras ano conseguen, por unha parte, concienciar á sociedade sobre a problemática do cancro e, pola outra, conservar un tradición culinaria e cultural.

8M: O BNG non acudirá aos actos institucionais do Concello de Marín