O BNG solicita a institucionalización do Día da Galiza Mártir
O BNG solicita que o Concello de Marín declare e institucionalice como “Día da Galiza Mártir” o día 17 de Agosto de cada ano, en memoria e homenaxe de todos/as os/as cidadáns e cidadás galegos/as que deron a súa vida ou padeceron o exilio por defenderen as liberdades e dereitos democráticos e nacionais do pobo galego.