Propostas para a seguranza viaria dos/as motociclistas
Marín é un concello con moitos afeccionados e afeccionadas ao uso e goce da motocicleta. No BNG concordamos na idea de que a moto debe facer parte da solución á mobilidade sustentábel. Por iso comprometémonos a defender todas as propostas que van encamiñadas a garantir unha maior seguranza para a circulación en motocicleta.
Marín é un concello con moitos afeccionados e afeccionadas ao uso e goce da motocicleta. No BNG concordamos na idea de que a moto debe facer parte da solución á mobilidade sustentábel. Por iso comprometémonos a defender todas as propostas que van encamiñadas a garantir unha maior seguranza para a circulación en motocicleta.
Considerarmos fundamental a mellora das infraestruturas viarias para garantir maior seguranza e reducir o número de accidentes, prestando especial atención,pola súa vulnerabilidade, ás motocicletas e bicicletas, particularmente no que atinxe a sistemas de protección (espazos delimitados, gardarraís seguros, pintura antideslizante...).
Dentro do noso programa electoral para estas eleccións Xerais, e despois de diálogo mantido con diversas entidades sociais do mundo do motociclismo incluímos as seguintes propostas:
- Plan de instalación de Sistemas para Protección de Motoristas(SPM) en todos os gardarraís, conforme á norma UNE 135900-2017 e realización de auditorías independentes de calidade.
- Adopción dun plan de adecuación de estradas ás necesidades de seguranza viaria de motociclistas.
- Redución de superficies pintadas na sinalización horizontal.
- Formación do persoal de estradas.
- Eliminación do proxecto para instalar bandas sonoras na mediana das estradas e prohibición da instalación de elementos delimitadores de carrís que puideren supor un obstáculo na vía.
- Regulación normativa dos pasos de peóns semaforizados para que sexan sinalizados coa mesma marca viaria que os pasos de ciclistas coa fin de reducir a superficie pintada no pavimento.
- Fomento de medidas de renovación do parque de motocicletas para incorporar tecnoloxías de ofrezan maior seguranza.
- Actuar na formación, tanto no persoal específico ao servizo das administracións públicas como da cidadanía en xeral, especialmente incorporando de forma efectiva a seguranza viaria ao sistema educativo.
Desde o BNG de Marín comprometemos, dentro das capacidades competencias do concello, a implementar estas propostas en Marín. Ademais, estudaremos as mudanzas normativas que puideren ir na liña de facilitar o uso da motocicleta con máis seguranza.