O BNG aproba a lista para as Municipais do 26 de maio
Este luns, 8 de abril, a Asemblea Local do BNG en Marín aprobou a lista que a Comisión Electoral Municipal do BNG en Marín elaborou tendo en conta os criterios que nas últimas Asembleas Locais se acordaron onde se apostou por unha lista rexuvenecida e cun cambio xeracional claro.
A Lista que presenta o BNG está composta por persoas activistas de prestixio en Marín, coñecidas en eidos da defensa pola sanidade pública, a cultura, o idioma, a mocidade, a loita polas pensións dignas, cos emigrantes retornados, na mellora da situación de dependencia e os servizos sociais, na memoria histórica, no medio ambiente, na legalización dos núcleos do litoral, etc.
Este luns, 8 de abril, a Asemblea Local do BNG en Marín aprobou a lista que a Comisión Electoral Municipal do BNG en Marín elaborou tendo en conta os criterios que nas últimas Asembleas Locais se acordaron onde se apostou por unha lista rexuvenecida e cun cambio xeracional claro, sen esquecer a experiencia dos cadros políticos, confeccionouse unha candidatura que conxuga as dúas xeracións. Un primeiro tramo ben definido conformado por xente nova con experiencia no eido social e cultural de Marín, e un segundo tramo de apoio a ese novo cambio xeracional reforzando o noso compromiso coa bagaxe e o traballo realizado polo “Bloque” ao longo da súa historia.
A Lista que presenta o BNG está composta por persoas activistas de prestixio en Marín, coñecidas en eidos da defensa pola sanidade pública, a cultura, o idioma, a mocidade, a loita polas pensións dignas, cos emigrantes retornados, na mellora da situación de dependencia e os servizos sociais, na memoria histórica, no medio ambiente, na legalización dos núcleos do litoral, etc.
Por outro lado, a Comisión Electoral Municipal do BNG ten xa moi avanzado o programa que queremos presentar á veciñanza de Marín. Dado o desleixo que atravesa o noso concello, cunha perda abafante de poboación, o BNG aposta pola “Humanización Urbanística”, a potenciación dos servizos públicos e a Participación Cidadá como o xeito máis importante para fixar poboación. Estas son as razóns pola que estamos desenvolvendo un proxecto serio e definido no ámbito dos servizos sociais, da xuventude, dos máis necesitados/as e as súas familias, dos maiores, do ensino e transporte público basicamente.
Dentro desa “Humanización Urbanística” o BNG apostará por un Marín aberto ao mar, recuperando espazos que fomos perdendo co paso do tempo, dunha nova ordenación urbana, ademais é fundamental para o BNG defender outros espazos que poñan en valor o noso riquísimo patrimonio para poñelo en disposición da cidadanía: Casa de Pais, Casa das Fontenla, Pazo de Cadro, etc.
O segundo alicerce do noso proxecto para Marín están os servizos sociais porque é aquí o que vai facer que a xente non lisque de Marín e fixe a súa residencia no concello. Dotación de servizos e infraestruturas axeitadas para toda a poboación que van desde a potenciación do Ensino Infantil de 1º Grado (de 0 a 3 anos), pasando por dotarmos dun centro de día público para os máis necesitados e pensando na nosa xuventude (outros dos grandes esquecidos) cunha Casa da Xuventude digna e con ofertas para o goce da xente moza. Sen esquecer unha mellora no transporte e outras dotacións.
E por último alicerce, queremos facilitar voz á xente e aos entes vivos de Marín coa constitución de Consellos Municipais que sirvan para canalizar as peticións e queixas da veciñanza e que axuden a mellorar o traballo municipal e que sirvan como motor no desenvolvemento social e económico do concello. Por iso, facemos unha posta clara coa participación cidadá con mecanismos plurais de representatividade municipal.
Lista completa:
1.- Lucía Santos Omil
2.- Pedro Cortegoso Gago
3.- Jessica Souto Loira
4.- Xurxo Agra do Pazo
5.- Pamela Martínez Cortegoso
6.- Pablo Blanco Agraso
7.- Cristina Sobral Villanueva
8.- Xoán Daniel Rosales Rivas
9.- Tania Garrido González
10.- Celso X. Milleiro Sánchez
11.- Iria Aboi Ferradás
12.- Pablo Luciano Guimeráns Sanjorge
13.- Silvia Santos Carragal
14.- Sebastián Piñeiro Quibén
15.- María Trinidad Piñeiro Nores
16.- Roxelio M. Carballa Barroso
17.- Begoña Laz García
18.- Mario Martínez Carracelas
19.- Cecilia Pazos Moreira
20.- Iván Piñeiro Riobó
21.- María Esther Crespo Igrexas
22.- Xavier Loira Villanueva
23.- Francisca Ferradás González
24.- Xaime Santomé Paz
25.- Bieito Lobeira Domínguez
26.- Sabela González Santiago