O BNG lamenta que o PP ignorara a necesidade dunha campaña de uso responsábel da auga

Tino Iglesias, concelleiro do BNG

Tino Iglesias manifesta que “esta petición non foi levada adiante pola equipa de goberno do PP, dando as costas á petición trasladada dende o BNG cun sentido construtivo e de colaboración” e lamenta “os 40 días perdidos” agora que a Xunta comunica a situación de prealerta por escaseza

O BNG lamenta que o PP ignorara a necesidade dunha campaña de uso responsábel da auga

No pleno do pasado 13 de xullo o Grupo Municipal do BNG trasladou a necesidade de que aínda que a situación naquel momento das reservas de auga nas distintas demarcacións territoriais da demarcación hidrográfica Galicia-Costa e na conca do Lérez era notoriamente superior ca existente na crise sufrida no verán de 2022, xa que á vista do incremento exponencial do consumo nas últimas semanas e a previsión de ausencia de chuvia nos próximos meses, considerábamos necesario a emisión dun bando ou nota informativa cun espíritu constructivo e de concienciación medioambiental por parte do Concello de Marín co fin de preservar un ben tan esencial como é a auga apelando ao civismo e á responsabilidade da veciñanza para reducir o consumo da auga nestes meses de verán.

Tino Iglesias, concelleiro do BNG, manifesta que esta petición de responsabilidade non foi levada adiante pola equipa de goberno, dando as costas a petición trasladada dende o BNG cun sentido constructivo e de colaboración.

O concelleiro do BNG expón que “como non podía ser de outra forma, xa que era visto que íbamos a chegar a esta situación, no día de hoxe a Xunta de Galicia activou a prealerta por escaseza moderada de auga nos sistema do río Lérez”, como de comunicou o mércores 23, o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, tras unha reunión da Oficina Técnica da Seca, na que participan Protección Civil, Meteogalicia, a Consellería do Medio Rural e a Consellería de Sanidade.

A situación de prealerta por escaseza implica a realización dun seguimento intensivo da situación meteorolóxica e os niveles de ríos, encoros e acuíferos da demarcación afectada. Ademais prevense medidas de concienciación da cidadanía.

Anticipación e prevención

A Xunta, a través deste seguimento, traballa para acadar a anticipación ou a adopción de medidas ante un posible episodio futuro de escaseza de auga, así como a toma de conciencia sobre a necesidade de facer un consumo responsable.

Igualmente reitera aos concellos afectados da necesidade de adoptar as medidas que consideren oportunas, dentro do seu ámbito de competencia, e levar a cabo un labor de concienciación cidadá e un control axeitado dos usos da auga que se realicen no seu municipio.

A Xunta recorda na nota de prensa que cómpre levar a cabo un consumo responsable da auga, evitando malgastala a través da restrición de regas, a limitación do enchido de piscinas ou a reutilización da auga sempre que sexa posible.

Tino Iglesias indica que “agora seguramente o Goberno Local SÍ tomará nota da recomendación da Xunta de Galicia e emitirá un bando ou comunicación informativa apelando ao civismo e á responsabilidade da veciñanza para reducir o consumo da auga.”

E remata lamentando “os 40 días perdidos por non ter en conta a petición do BNG.”

O BNG lamenta que o PP ignorara a necesidade dunha campaña de uso responsábel da auga