O BNG manifesta o apoio ás persoas traballadoras da piscina municipal afectadas polo ERTE
O BNG de Marín reafirma o seu total apoio e compromiso ás traballadoras e traballadores afectados por esta situación.
Celia García declarou: “Estamos atentas ás demandas das persoas traballadoras e seguiremos a traballar como mediadores co Goberno Local para revisar as condicións do ERTE. Pedimos responsabilidade con elas”.
As obras de acondicionamento na piscina municipal, que deron comezo neste verán, tiveron unha consecuencia inesperada para as persoas traballadoras: foron enviados ao Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), ocasionando unha significativa redución nos seus salarios. Situación xa coñecida por moitos e moitas debido ao contexto da pandemia.
As persoas traballadoras expresaron esta preocupación nun comunicado dirixido a todas as agrupación políticas que forman parte da Corporación municipal. Neste comunicado, destacaron a necesidade de atopar unha solución, considerando que o Goberno Municipal debería prever tales situacións e actuar con responsabilidade para con elas.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Marín, en diversas instancias como a Comisión de Deportes coma na anterior sesión plenaria, a importancia de chegar a un consenso entre as partes así como dar cunha resposta digna. Celia García, concelleira do BNG, declarou: “Estamos atentas ás demandas das persoas traballadoras e seguiremos a traballar como mediadores co Goberno Local para revisar as condicións do ERTE. Pedimos responsabilidade con elas”.
Neste contexto, O BNG reafirma o seu total apoio ás persoas traballadoras e comprométese a atender as súas demandas, as cales perciben como plenamente xustificadas e comprensibles. O BNG estará invariablemente ao carón dos traballadores e das traballadoras na procura de condicións xustas.