O BNG lidera a iniciativa de empadroamento para reverter a caída demográfica en Marín
O BNG promove unha campaña de empadroamento cun lema específico “Contigo gañamos todos; Empadróate” para abordar o desafío demográfico.
O BNG agradece ao goberno polo apoio para a posta en marcha desta campaña mais pídelle ao PP maior ambición e non limitarse a unha campaña dixital.
A portavoz do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Lucía Santos Omil, presentou no pleno celebrado o día 14 de setembro, unha moción co obxectivo de abordar o desafío demográfico que enfronta a cidade nos últimos anos. Durante a última década e media, Marín experimentou unha drástica diminución na súa poboación, un desafío que require medida inmediatas e efectivas.
A proposta do BNG busca ofrecer unha solución inmediata e de baixo custo e de xestión exclusivamente local para afrontar este problema. Se ben recoñecen que establecer un plan transversal leva tempo, consideran posible implementar a posta en marcha dunha campaña de empadroamento co apoio en redes sociais, publicidade e distribución do material informativo en cada vivenda do concello, co obxectivo de actualizar e incrementar o número de residentes en Marín.
Esta campaña tamén engadirá un chamado aos residentes estranxeiros para que se rexistren no padrón municipal e actualicen a súa información, recoñecendo a importancia de contar cun padrón actualizado para a formulación de políticas públicas e a toma de decisións informadas.
Lucía Santos agradece o apoio para levar a cabo esta campaña durante o último trimestre do ano 2023, cun lema específico (a modo de exemplo) “Contigo gañamos todos; Empadróate” coa finalidade de actualizar e incrementar o número de residentes no noso Concello.
A pesar do compromiso do goberno do Partido Popular (PP) de levar a cabo a campaña de empadroamento nas redes sociais, rexeitou a proposta de envío de cartas informativas a todos os domicilios, polo que o BNG insiste na necesidade de reforzar a campaña con paneis informativos a pé de rúa para a súa maior difusión, recoñecendo que non todas as persoas empregan as redes sociais como medio de información. A iniciativa busca converter á poboación flotante en residentes permanentes e promover a inscrición no padrón como unha acción beneficiosa para a comunidade.