O BNG solicita novamente a intervención da Valedora do Pobo por falta de transparencia da Festa Corsaria

undefined
Foto: José Luís García Portela

Lucía Santos reclama novamente a intervención da Valedora do Pobo debido á reiterada ocultación de documentación municipal por parte do goberno do PP na xestión da festa corsaria

O BNG solicita novamente a intervención da Valedora do Pobo por falta de transparencia da Festa Corsaria

O pasado 8 de novembro de 2023, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) solicitou a intervención da Valedora do Pobo debido ao incumprimento do Concello de Marín no dereito dos grupos da corporación a acceder á documentación municipal. Lucía Santos, voceira do BNG, recorda que se solicitou en reiteradas ocasións o acceso ao expediente da Festa Corsaria, celebrada en agosto, no que presuntamente se cometeron irregularidades na contratación de persoal.

O 5 de decembro de 2023, a Valedora do Pobo respostou á solicitude presentada polo BNG, admitindo a trámite a queixa por falta de transparencia do goberno do Partido Popular (PP). No pleno municipal celebrado o 14 de decembro, Lucía Santos preguntou á alcaldesa se o grupo de goberno respondera á solicitude da Valedora do Pobo, na que se pedía acceso a toda a documentación do expediente.

Á pregunta formulada pola voceira do BNG, María Ramallo respondeu que a solicitude xa fora atendida. Con todo, seis meses despois, seguimos esperando pola información demandada. Dada esta situación, o BNG vén de solicitar novamente a intervención da Valedora do Pobo ante unha falta tan grave como é a ocultación de documentación municipal.

O BNG leva denunciado en múltiples ocasións a falta de transparencia que sistematicamente amosa o goberno de María Ramallo. Lucía Santos indica que é inaceptable que unha institución pública como o goberno municipal manteña esta actitude, xa que está faltando ao respecto a toda a veciñanza de Marín ao ocultar información pública.

O BNG solicita novamente a intervención da Valedora do Pobo por falta de transparencia da Festa Corsaria