O BNG solicita o arranxo da Estación de bombeo do Pozo

26753820_1293378224141076_1226191770_n
Verquidos no río Loira

A Estación presenta graves deficiencias no seu funcionamento e desde hai máis de 15 días son constantes os verquidos ao río de augas residuais.

O BNG solicita o arranxo da Estación de bombeo do Pozo

No lugar do Pozo, a carón do río Loira, existe unha Estación de Bombeo de Augas de Saneamento de formigón armado formado cunha cámara con válvulas. A devandita estrutura presenta graves deficiencias no seu funcionamento e desde hai máis de 15 días son constantes os vertidos ao río de augas residuais.

Esta problemática foi denunciada pola veciñanza aos traballadores da empresa encargada do mantemento, sen que por esta circunstancia se dera arranxo en todo este tempo.

Retrocedendo no tempo, cando foi inaugurada no 2015 aseguraron ás/aos veciñas/as que en caso de contaminación sería detectado axiña, mais a realidade polo que se ve quedou en papel mollado.

Por todo isto o BNG de Marín solicita:

  1. Que o Concello de Marín xestione urxentemente coa empresa o arranxo da mesma.
  2. Que o Concello de Marín pida explicacións á empresa polo abandono do problema.
O BNG solicita o arranxo da Estación de bombeo do Pozo