O BNG Informa - O BNG Escoita

bng-logo-2017

No BNG de Marín escoitamos as demandas e preocupacións da veciñanza do noso Concello e informamos dos asuntos que levamos a Pleno para mellorar a vida dos e das marinenses.

O BNG Informa - O BNG Escoita

Rogos e Preguntas presentadas polo Grupo Municipal do BNG no Pleno da Corporación Municipal celebrado o pasado día 14 de decembro:

- Lixo en parcelas na Raña: Nunhas fincas próximas ao cemiterio acumúlase o lixo. Solicítase a limpeza destas parcelas.

- Xefatura Servizo Urbanismo: Pregúntase pola situación actual deste posto.

- Empresa lixo: Pregúntase se a nova empresa encargada da recollida do lixo ten autorización do Concello para acumular contedores en terreos da vila.

- Mogor: Solicítase a retirada de cristais espallados ao redor dunha marquesina na zona das praias, preto da barriada de Mogor.

- Nadal en Mogor: Solicítase decoración para a parroquia de Mogor.

- Subvencións deportivas: Pregúntase pola situación do novo reparto de subvencións ás entidades deportivas.

- Recollida de lixo: Na entrada da parcela na Canteira (Pardavila) está o número de teléfono da anterior empresa de recollida do lixo para aviso de bultos, polo que solicitamos se actualice.

- Arranxos en Seixo: Na rúa do grupo escolar de Seixo realizouse hai máis dun mes unha obra por rotura de cañerías e aínda non se arranxou o asfaltado e a zona segue vallada.

- Contedores no rural: Solicítase a colocación de bases de suxección nos contedores nas zonas do rural para evitar a caída dos mesmos cando hai vento forte.

O BNG Informa - O BNG Escoita