O BNG apela á preservación das nosas tradicións no día de defuntos

undefined

O BNG destaca a importancia de preservar as nosas tradicións e manter viva a nosa cultura galega. Cada celebración e cada festividade teñen un significado profundo arraigado na nosa historia e forma de vida.

O BNG apela á preservación das nosas tradicións no día de defuntos

O BNG destaca a importancia de preservar as nosas tradicións galegas no Día de Defuntos. Neste momento, cando a influencia de celebracións alleas, como Halloween, parece eclipsar a riqueza da nosa cultura, é esencial sinalar a importancia de preservar a autenticidade do Día de Defuntos. Esta celebración está profundamente entrelazada coa nosa identidade e a nosa ligazón coa morte e a memoria dos nosos seres queridos que xa non están con nós. É fundamental lembrar e valorar a singularidade da nosa festividade. Deste xeito, reforzamos a necesidade imperante de preservar a nosa identidade cultural fronte ás influencias externas.

A cultura galega posúe unha relación intrínseca coa morte que se manifesta nas súas festividades e tradicións ao longo dos séculos. Estas celebracións, como o Día dos Defuntos e o Magosto, non só honran aos nosos antepasados e a conexión coa terra, senón que tamén reflicten a nosa profunda relación coa vida e a morte.

Na actualidade, tal e como expresou Rafa Quintía na conferencia celebrada o pasado 13 de outubro na biblioteca Vidal Pazos de Marín, obsérvase unha crecente importación de culturas estranxeiras, como Halloween, que se popularizaron en detrimento das nosas tradicións autóctonas. Estas importacións non só dilúen a nosa identidade cultural, senón que tamén desvían a atención das nosas raíces e da riqueza que posuímos nas nosas propias celebracións.

Esta conferencia proporcionou unha oportunidade única para adentarnos na riqueza da nosa cultura e tradicións, subliñando a necesidade de preservar a nosa identidade cultural ante influencias externas. Quintía resaltou que "estamos algo desorientados", aínda que con boa intención, ao intentar reaccionar a un proceso de americanización con Halloween, xa que de algunha maneira estamos a replicar o mesmo baixo outro nome e a dálle aínda máis relevancia. A conmemoración dos Defuntos en Galicia representa autenticamente a nosa identidade enraizada en tradicións ancestrais que merecen ser respectadas e protexidas.

O BNG destaca a importancia de preservar as nosas tradicións e manter viva a nosa cultura galega. Cada celebración e cada festividade teñen un significado profundo arraigado na nosa historia e forma de vida. Ao valorar e practicar as nosas costumes, non só estamos a honrar aos nosos antepasados, senón tamén estamos a fortalecer a nosa comunidade e transmitir un legado incalculable ás xeracións futuras.

O BNG apela á preservación das nosas tradicións no día de defuntos