Recital Poético Aberto con motivo do Día da Poesía
O xoves 21 de Marzo ás 19:00 h terá lugar, na alameda de Seixo, a seguinte parada da Axenda Cultural levada a cabo polo BNG de Marín neste primeiro semestre do ano. Nesta ocasión, gozaremos dun recital poético aberto dedicado o día da poesia.

Contaremos coa presenza de Daniel Chapela, colaborador cultural da Axenda de Meiro (Bueu), a de varios membros da candidatura do BNG de Marín, e achegaranse tamén nenos e nenas que compartirán as verbas dos/as grandes poetas galegos/as.
Desde o BNG animamos á veciñanza de Marín a que se achegue mañá xoves á alameda de Seixo e participe deste sinxelo acto co que queremos celebrar o Día da Poesía.
No BNG queremos reivindicar a nosa cultura e ás nosas grandes figuras, e iso facemos a cotío; como nesta data sinalada, na que reivindicamos e lembramos as nosas grandes figuras da poesía.