Davinia Lojo, na candidatura do BNG para o Congreso nas vindeiras eleccións xerais

undefined
Davinia Lojo Amoedo

Xurxo Agra, Responsábel Local do BNG de Marín, destaca que “Davinia Lojo é unha muller tremendamente válida, que cos seus 32 anos posúe unha amplísima formación e experiencia, e fortemente comprometida e involucrada coa conservación do medio mariño.”

Xurxo Agra manifesta que “este nomeamento ratifica o excelente momento que está a vivir o BNG marinense, e constata que amais de catro grandes representantes na Corporación municipal, contamos cunha equipa extraordinaria.”

Davinia Lojo, na candidatura do BNG para o Congreso nas vindeiras eleccións xerais

O pasado venres 16 de xuño o Consello Nacional do BNG deu luz verde ás candidaturas do BNG ás eleccións xerais do 23 de xullo, nas que se inclúe a marinense Davinia Lojo Amoedo.

Davinia Lojo, compañeira do BNG de Marín que ocupou o posto número 5 nas pasadas eleccións municipais, irá na candidatura do BNG ao Congreso por Pontevedra como segunda suplente nunha lista conformada por 7 titulares e 10 suplentes, encabezada por Carme da Silva Méndez.

Xurxo Agra, Responsábel Local do BNG de Marín, manifesta que “este nomeamento ratifica o excelente momento que está a vivir o BNG marinense, e constata que amais de catro grandes representantes na Corporación municipal, contamos cunha equipa extraordinaria.”

Xurxo Agra destaca que “Davinia Lojo é unha muller tremendamente válida, que cos seus 32 anos posúe unha amplísima formación e experiencia, fortemente comprometida e involucrada coa conservación do medio mariño que tanta importancia ten no noso concello.”

O Responsábel Local engade que “Davinia Lojo foi unha peza fundamental na elaboración do programa electoral do BNG de Marín nas pasadas eleccións municipais, así como na organización da pre-campaña e na propia campaña.”

Davinia Lojo é Graduada en Ciencias Políticas e da Administración, mestrada en Técnicas Estatísticas e en Liderazgo e Comunicación Política, actualmente é Doutorando na xestión dos recursos mariños. Participa activamente en redes e plataformas de investigación nacional e internacional para a mellora e preservación do medio mariño, dos seus recursos e das actividades que dependen del.

Na actualidade traballa na xestión dos recursos mariños no Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR).

Davinia Lojo, na candidatura do BNG para o Congreso nas vindeiras eleccións xerais