O BNG solicita unha praza de aparcamento para persoas con discapacidade próxima ao Museo Municipal "Manuel Torres"

Prazas persoas mobilidade reducida
Prazas persoas mobilidade reducida

Esperemos que esta actuación se faga no menor prazo posíbel e se leven a cabo as actuacións tan necesarias no noso concello para acadar a integración e igualdade de dereitos das persoas e a inclusión plena sexa unha realidade no noso concello.

O BNG solicita unha praza de aparcamento para persoas con discapacidade próxima ao Museo Municipal "Manuel Torres"

No pasado pleno municipal celebrado o pasado 9 de xaneiro, a portavoz municipal do BNG Lucía Santos, trasladou unha petición para que o goberno municipal habilite unha praza de aparcamento para persoas con discapacidade próxima ao Museo Municipal "Manuel Torres".

Esta petición foi trasladada ao BNG por unha persoa con problemas de mobilidade e usuaria do museo que ve como, ademais de ter que padecer os importantes inconvenientes para acceder a dito museo debido á falta de accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, tampouco se lle facilita poder estacionar preto para achegarse coa menor dificultade.

Sobre esta petición, a alcaldesa María Ramallo respostou que se tomaba nota do rogo. Esperemos que esta actuación se faga no menor prazo posíbel e se leven a cabo as actuacións tan necesarias no noso concello para acadar a integración e igualdade de dereitos das persoas e a inclusión plena sexa unha realidade no noso concello.

O BNG solicita unha praza de aparcamento para persoas con discapacidade próxima ao Museo Municipal "Manuel Torres"