O BNG solicita mellorar a limpeza do noso concello

IMG_20220728_213311~2

Lucía Santos declara que “se queremos facer de Marín un lugar agradábel para vivir e un punto turístico de calidade, atractivo como o que máis, debemos mellorar o entorno paisaxístico e ambiental das nosas rúas. E esta premisa tan simple pasa por ter un plan de limpieza efectivo.”

Santos lamenta que “desgrazadamente, un dos sinais de identidade do noso concello con este equipo de goberno é a suciedade das rúas, da primeira á última.“

O BNG solicita mellorar a limpeza do noso concello

O BNG presenta unha moción solicitando mellorar a limpeza do noso concello. A portavoz municipal do BNG Lucía Santos afirma que “resulta máis que evidente que a limpeza das nosas rúas é moi deficiente. Non se trata dunha percepción deste grupo municipal, senón dun clamor veciñal de primeira orde, facilmente contrastábel.”

Lucía Santos declara que “o estado de suciedade que presentan algunhas rúas do concello é lamentábel” e cómpre lembrar que “a limpeza viaria e o mantemento urbano son competencias municipais, sendo inexcusábel o seu desempeño por quen goberna. Se ben é certo que é obriga da cidadanía actuar civicamente, un Goberno municipal xamais debe esquecer que ten que protexer o ben público para evitar a degradación e o deterioro do municipio.”

Santos manifesta que “durante as últimas semanas vimos recollendo numerosísimas queixas da veciñanza e comerciantes marinenses en relación á falta de limpeza de moitas rúas e barrios do noso concello, alertando da suciedade que presentan as rúas onde residen ou teñen os seus negocios.”

Lucía Santos lamenta que “desgrazadamente, un dos sinais de identidade do noso concello con este equipo de goberno é a suciedade das rúas, da primeira á última. En cada un dos barrios e parroquias que conforman o noso concello, e froito da deixadez e pasividade do Goberno Local, atopamos mobiliario sucio e/ou con desperfectos, rúas sen varrer ou baldear e pintadas ou excrementos de mascotas.”

A portavoz municipal do BNG afirma que “pasear por algunha das rúas e parques de Marín convertiuse, con demasiada frecuencia, nunha experiencia desagradábel, xa que hai basura de todo tipo (excrementos caninos, cristais, papeis, bolsas, e aínda mal olor procedente dos contedores), o que afecta tanto á veciñanza da localidade como ás persoas que nos visitan.”

Lucía Santos afirma que “non se están xestionando ben os recursos para limpiar todas as rúas, e hai rúas e zonas que apenas, ou nunca, se limpan. Especialmente as queixas máis intensas, e xustificadas, proceden dos barrios máis afastados do centro da vila (San Pedro, Cañota, Mogor, Pedreiras…). E o problema da limpeza de contedores é xeral en todo o concello e provoca, sobre todo en época estival, desagradábeis olores por todo o concello.”

Santos declara que “se queremos facer de Marín un lugar agradábel para vivir e un punto turístico de calidade, atractivo como o que máis, debemos mellorar o entorno paisaxístico e ambiental das nosas rúas. E esta premisa tan simple pasa por ter un plan de limpieza efectivo.”

Por todo isto, o BNG solicita unha mellor organización dos recursos, a posta en marcha de iniciativas para proceder á limpeza de rúas, parques, xardíns e contedores equitativo que dean solución a este problema, e a realización de campañas dirixidas á concienciación da cidadanía sobre a responsabilidade que todos e todas temos en canto á limpeza do noso concello.

Lucía Santos instará ao goberno municipal a realizar de xeito regular a limpeza viaria de barrios e parroquias a fondo, a limpeza e acondicionamento de parques infantís, a desinsectación de solares, o desbrozamento, desinsectación e limpeza de parques, xardíns e outras zonas con vexetación, acondicionamento daquelas vías e zonas da cidade con maiores deficiencias estéticas, etc.

Cómpre tamén a limpeza urxente de rúas e parques, a eliminación de pintadas do entorno, un plan de concienciación social e un incremento do control das sancións. Santos manifesta que “é preciso a posta en marcha dun protocolo de limpeza viaria ou de pintadas no prazo máximo de 48 horas desde que se produza unha denuncia cidadá ou por parte dos servizos de limpeza do municipio, que serviría amais como unha acción disuasoria nomeadamente no caso das pintadas.”

Ademais, o BNG propón continuar coas campañas de concienciación sobre os excrementos dos animais de compañía para facer as nosas rúas, parques e xardíns moito máis habitábeis, e poñer en marcha campañas de sensibilización pola contaminación e suciedade que provocan as cabichas. É por isto que Lucía Santos insiste en solicitar “a aprobación polo Pleno da moción presentada polo BNG en relación á creación de zonas caninas, que fica pendente de tratar, que suporía unha mellora evidente neste tema.”

Resulta incuestionábel salientar, e aplaudir, que a maioría dos propietarios e propietarias de cans compórtanse dun xeito exquisito, mais a proliferación de animais de compañía, fai que aínda haxa marxe de mellora e a existencia de rúas sucias e con excrementos dá moi mala imaxe entre as veciñas e veciños, e especialmente entre as persoas que nos visitan doutros lugares.

Ademais, a portavoz municipal do BNG entende que “os parques e xardíns das zonas menos visíbeis requiren dunha limpeza igual que o centro da vila, regular e periódica, xa que nelas tambén viven persoas que tamén pagan os seus impostos, e hai lugares onde non se limpa nin tan sequera existen papeleiras.”

Desde o BNG queremos solucións para todos os barrios e parroquias do noso concello, facendo fincapé nos barrios periféricos que son os que máis problemas de xeito permanente teñen respecto á limpeza e síntense abandonados por este Goberno local.

Os barrios rurais deben ser incluídos nun calendario de limpeza periódica das súas rúas. O Goberno local non está actuando de xeito equitativo coa veciñanza dos barrios periféricos respecto aos do núcleo urbano, e aínda así a limpeza no centro tamén deixa moito que desexar. É inadmisíbel que exista este agravio comparativo coa veciñanza dos barrios xa que non é de recibo que cada persoa limpe a súa parte da beirarrúa correspondente a súa vivenda.

Propostas do BNG:

1.- Por un concello limpo e salubre, a realización periódica da limpeza en todas as rúas, barrios e parroquias do noso concello, sen excepcións.

2.- Posta en marcha, de xeito paralelo, dun programa de concienciación e sensibilización cidadá encamiñado á promoción de comportamentos cívicos e responsábeis dos veciños e veciñas, maiores e pequenos, que contribúa a manter permanentemente limpa a nosa localidade e o seu entorno.

3.- Continuación das campañas de concienciación sobre os excrementos dos animais de compañía.

4.- Posta en marcha de campañas de sensibilización pola contaminación e suciedade que provocan as cabichas, e a colocación de papeleiras que incorporen cinceiros para recoller as cabichas.

5.- O Concello de Marín establecerá un protocolo de limpeza viaria ou de pintadas, polo que, ante unha denuncia cidadá ou por parte dos servizos municipais, quede resolta a incidencia nun prazo máximo de 48 horas.

6.- A limpeza das pintadas existentes no noso concello.

7.- Elaborar un estudo das illas de contenedores que están causando algún tipo de problemática para buscar unha nova ubicación (Alameda, rúa do Sol, etc.), ademáis de reforzar a limpeza dos contenedores instando á empresa adxudicataria a un cumprimento óptimo do servizo prestado.

O BNG solicita mellorar a limpeza do noso concello