O BNG solicita a mellora da accesibilidade nas liñas de autobús
Segundo Lucía Santos, que recolle as queixas de varias persoas usuarias, as persoas con problemas de mobilidade que precisan o uso de transporte adaptado deben comunicalo á empresa de transporte con 24 horas de antelación. Santos asegura que “esta medida é totalmente discriminatoria e vai contra a integración social das persoas con discapacidade.”
A portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, trasladou na pasada Comisión Informativa de Seguridade e Mobilidade, o incumprimento do Plan de Transporte Público de Galiza por parte da empresa de transportes Monbus, ao non garantir a accesibilidade nas liñas de transporte urbano de Marín a Cangas así como no servizo de liña de praias.
Segundo Lucía Santos, que recolle as queixas de varias persoas usuarias, as persoas con problemas de mobilidade que precisan o uso de transporte adaptado deben comunicalo á empresa de transporte con 24 horas de antelación. Santos asegura que “esta medida é totalmente discriminatoria e vai contra a integración social das persoas con discapacidade.”
Lucía Santos lembra que “o Plan de Transporte Público de Galiza recolle na memoria de pregos de condicións, como requisito esixido, garantir a accesibilidade aos vehículos de transporte público das persoas con mobilidade reducida, polo que estas rutas deberían contar con transporte adaptado sen ter que comunicalo con antelación.”
A voceira do BNG solicitou ao Presidente da Comisión Informativa, Francisco José Estévez Salazar, que dea traslado desta incidencia tan grave á empresa Monbus de cara a garantir que todas as rutas conten con vehículos adaptados. e así contar cunhas liñas de transporte público que garantan a mobilidade a todas as persoas sen exclusións.