O BNG reclama a restauración da canle do muÃño do Sequelo
Tino Iglesias, concelleiro do BNG, denuncia que a substitución dunha canle histórica por formigón no rÃo Lameira atenta contra o valor patrimonial do muÃño do Sequelo, un ben catalogado no PXOM.
No pasado pleno municipal do 12 de setembro, o concelleiro do BNG en MarÃn, Tino Iglesias, fixo pública unha denuncia pola intervención inadecuada levada a cabo durante as obras de saneamento no rÃo Lameira. Segundo o concelleiro, a actuación afectou gravemente a un elemento fundamental do patrimonio etnográfico da vila: a canle de subministro de auga do muÃño do Sequelo, unha infraestrutura tradicional que foi substituÃda por unha de formigón. Esta canle, de aproximadamente 25 metros de lonxitude, forma parte dun conxunto histórico catalogado no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) co código M2, correspondente ao MuÃño número 2 do rÃo Lameira.
Tino Iglesias considera que esta substitución, realizada sen respectar os criterios de conservación establecidos para bens patrimoniais, constitúe unha verdadeira aberración. A intervención non só desvirtúa o valor histórico e cultural do muÃño, senón que tamén representa unha perda no conxunto de elementos etnográficos que enriquecen o noso territorio. "O uso do formigón nunha estrutura tradicional é un despropósito que atenta contra o noso patrimonio", afirmou Iglesias, subliñando que este tipo de accións non deberÃan contar co visto bo nin do Concello de MarÃn nin de Patrimonio da Xunta de Galicia.
O muÃño do Sequelo é un exemplo representativo dos moitos muÃños de auga que forman parte do patrimonio cultural galego. Estes muÃños non só son testemuña da historia económica e social do noso paÃs, senón que tamén constitúen un valor paisaxÃstico e cultural que debe ser protexido e posto en valor polas administracións públicas. Neste sentido, Iglesias lembrou que tanto o Concello de MarÃn como A Xunta teñen o deber legal de garantir a conservación e restauración dos bens patrimoniais, asà como promover o seu coñecemento e a súa valorización entre a cidadanÃa.
"A intervención no muÃño é unha mostra de desleixo por parte do goberno local, que non está cumprindo coa súa responsabilidade na protección do noso patrimonio", destacou o concelleiro. Ante esta situación, o BNG esixe que o Concello de MarÃn rectifique de inmediato a actuación realizada e proceda á reposición da canle con materiais que respecten a súa natureza orixinal. Ademais, solicitan que se realicen os trámites necesarios para que futuras intervencións deste tipo sexan controladas de xeito rigoroso, garantindo o respecto pola integridade dos bens patrimoniais do municipio.