O BNG mantén unha xuntanza de traballo co goberno municipal de Allariz
Lucía Santos expón que “Marín ten un espello para trasladar algunhas das iniciativas que fixeron de Allariz unha vila con identidade propia, poñendo en valor o seu rico patrimonio arquitectónico, histórico e cultural e creando unha sinerxia de impulso da economía local”.
O BNG de Marín continúa coa rolda de contactos con concellos gobernados polo BNG visitando nesta ocasión o concello ourensán de Allariz, un referente en todo o país pola tranformación que dende o ano 1989 levan desenrolando diferentes corporacións do BNG. Iniciativas como a rehabilitación do casco histórico e a posta en valor dos recursos naturais serviron de impulso para a revitalización da vila alaricana.
A esta xuntanza asistiron a portavoz municipal do BNG e candidata á alcaldía, Lucía Santos xunto a José Souto e Tino Iglesias, membros da candidatura para as vindeiras eleccións municipais, que se reuniron con María Cristina Cid Fernández (Alcaldesa e Concelleira de Urbanismo e Obras, Facenda e Policía Local); Bernardo Varela López (1º Tenente de Alcaldía e Concelleiro de Medioambiente); María Elena Suárez Estévez (2ª Tenente de Alcaldía e Concelleira de Servizos Municipais: Infraestruturas Deportivas, Alumeado Público e Transporte) e con María López Rodríguez (Concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio).
Ao longo dunha intensa xornada de traballo os representantes do BNG mantiveron diversas reunións cos responsables das principáis áreas de Concello de Allariz, analizando en profundidade as diferentes actuacións que o goberno de Allariz vén desenrolando por unha firme aposta na dinamización económica local, a recuperación de espazos verdes e de lecer, a recuperación do patrimonio etnográfico e a rehabilitación do casco histórico (na actualidade xa levan acadado máis do 90% de edificacións rehabilitadas). Tomamos nota de moitas iniciativas para a súa implementación futura en Marín.
Froito dese intenso traballo de tres décadas Allariz é unha vila mundialmente coñecida como unha das xoias galegas, o seu Festival Internacional de Xardíns, por convertirse na capital dos outlets galegos (na vila desenrolan a súa actividade as principais firmas de moda, calzado e complementos galegas), etc.. Froito dese esforzo colectivo a vila foi galardonada co Premio Europeo de Urbanismo.
Igualmente, Lucía Santos manifesta que “analizamos e confrontamos ideas sobre políticas de xestión medioambiental, promoción económica, turismo, comercio, cultura, transporte municipal, sistemas de control e seguimento das concesións municipais,…”
A voceira do BNG indica que “Allariz é unha clara mostra de cómo con vontade, os gobernos municipais sí teñen a capacidade de desenrolar medidas para impulsar actividades económicas, apostando pola identidade dun pobo e poñendo en valor os recursos locais (patrimonio arquitectónico, natural, etnográfico, histórico e cultural) para crear unha sinerxia de impulso da economía local”. Este é un dos principais obxectivos cos que nos presentamos as vindeiras eleccións municipais porque Marín Merece Máis!.