O BNG presenta a candidatura para as eleccións municipais de maio
Lucía Santos destaca “a grandísima formación, capacidade, competencia e ilusión” deste equipo de 28 mulleres e homes, que a partir de maio “porá en marcha a necesaria transformación que Marín merece.”
O BNG de Marín aprobou o pasado 10 de marzo a candidatura coa que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. A candidata á alcaldía e actual portavoz na corporación municipal, Lucía Santos, destaca “a grandísima formación, capacidade, competencia e ilusión” deste equipo de 28 mulleres e homes, que a partir de maio “porá en marcha a necesaria transformación que Marín merece.”
Lucía Santos manifesta que “Marín precisa un proxecto ambicioso e ilusionante, coa finalidade de construir o Marín dinámico, vivo e con futuro co que todos e todas as marinenses soñamos” e apunta que “as liñas prioritarias do BNG están baseadas no desenrolo dun modelo eficaz na xestión municipal, transparente e participativo, dotado dun modelo sostible e capaz de xenerar dinamismo económico, ademais da defensa duns servizos públicos de calidade.”
Para isto, o BNG presenta unha candidatura renovada na que figuran 21 persoas titulares e 7 suplentes. A lista está encabezada por Lucía Santos, administrativa, traballadora no comercio local durante dez anos, colaboradora en diferentes entidades culturais, de promoción da lingua e memoria histórica, Portavoz municipal do BNG desde 2018 e concelleira desde 2015,
A número dous é Celia García Santomé (Grao en Ciencias Políticas e da Administración, e Mestrado en Marketing, Comunicación Política e Consultaría), seguida por José Souto Piñeiro (emprendedor marinense de recoñecido prestixio, director dunha empresa de paisaxismo que recibiu numerosos premios a nivel galego e internacional). O posto número catro é para Tino Iglesias García (Especialista universitario en Xerencia de Riscos e Seguros, e destacado activista cultural). No posto cinco vai Davinia Lojo Amoedo (Grao en Ciencias Políticas e da Administración, mestrada en Técnicas Estatísticas e tamén en Liderazgo e Comunicación Política).
O primeiro tramo o completan Xurxo Agra do Pazo (Licenciado en Ciencias Políticas e traballador da sanidade pública), Pamela Martínez Cortegoso (administrativa), Esther Crespo Iglesias (ex-concelleira do BNG), Xoán Daniel Rosales Rivas (presidente da Comunidade de Montes de Santomé) e Pablo Blanco (traballador do Servizo de Axuda no Fogar-SAF).
O segundo tramo da candidatura está conformado por Laura García Troitiño, Pablo Guimeráns Sanjorge, Cristina Valdés Méndez, Celso Milleiro Sánchez, Leire Castro del Río, Mario Martínez Carracelas, Ángela Naveira Guimeráns, Xavier Loira Villanueva, Eva Carracelas Broullón, Asunción Portas Martínez e pechando a lista de titulares o exconcelleiro Luciano Guimeráns Pazos.
Completan a lista as sete persoas que ocupan os postos de suplentes na candidatura: Begoña Laz García, Alberto Barros González, Geli Patiño Jaén, Roxelio Carballa Barroso, Ana Sánchez Miniño, Xaime Santomé Paz e Cecilia Pazos Moreira.
A voceira do BNG destaca que “presentamos un auténtico equipazo composto por persoas preparadas que forman parte de diferentes movementos asociativos culturais, sociais ou sindicais, disposto a levar a cabo o cambio transformador que tanto precisa o noso concello.”