O BNG lamenta a negativa do PP a colaborar co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

undefined
Lucía Santos e Celia García, candidata á alcaldía e número 2 nas municipais, respectivamente.

Lucía Santos considera “incomprensíbel a postura do PP de rexeitar que o noso concello colabore na axuda humanitaria e en proxectos de desenvolvemento en diferentes países empobrecidos e sen recursos.”

O BNG lamenta a negativa do PP a colaborar co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O pasado mes de febreiro, o BNG presentou unha moción solicitando a adhesión do Concello de Marín ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, unha asociación sen ánimo de lucro integrada por administración locais de Galiza unidas pola vontade común de contribuir á erradicación das desigualdades Norte-Sur, a través de proxectos de cooperación ao desenvolvemento con países empobrecidos e a sensibilización social en Galiza.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade naceu en 1997 e está integrado na actualidade por 100 concellos das catro provincias e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo. Nestes 24 anos de traxectoria esta entidade levou a cabo 170 proxectos en 32 países.

No último Pleno da Corporación municipal, que tivo lugar o pasado xoves 13 de abril, o PP votou en contra da moción impedindo a súa aprobación, alegando non poder asumir a aportación anual de 1.487,91 euros anuais.

A portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, lamenta profundamente que o PP non acepte a adhesión do Concello de Marín a esta entidade pois “estamos a falar dunha cantidade ridícula”, polo que considera “incomprensíbel a postura do PP de rexeitar que o noso concello colabore na axuda humanitaria e en proxectos de desenvolvemento en diferentes países empobrecidos e sen recursos.”

Lucía Santos expón que “grazas ao traballo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade lévanse desenrolando proxectos tan importantes e necesarios como o abastecemento de auga potábel e saneamento, dotación de enerxía eléctrica, plans de educación, igualdade de xénero, saúde e benestar, proxectos de infancia, ou campañas de prevención da COVID-19.”

Lucía Santos lamenta que “o goberno municipal do PP, sen ningunha razón que o xustifique, se negue a contribuir a construir un mundo máis xusto e igualitario.”

O BNG lamenta a negativa do PP a colaborar co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade