O BNG solicita ao goberno municipal que atenda a reiterada demanda de seguridade viaria da veciñanza de Sobreiras (O Campo)
Por outra banda, Lucía Santos solicitou tamén o cambio de ubicación dun bo número de contedores que en moitas ocasións están pegados ás marquesiñas en diferentes lugares das parroquias de Marín.
A Portavoz Municipal do BNG, Lucía Santos, solicitou no Pleno celebrado onte que o goberno municipal atenda a reiterada demanda da veciñanza de Sobreiras (O Campo), que leva máis de dous anos denunciando a escasa visibilidade dun cruce.
O deseño da estrada dificulta a circulación dos vehículos neste lugar, mais a colocación de varios contedores próximos ao mesmo non fan senón complicar aínda máis a visibilidade na zona, co conseguinte risco para o tráfico rodado e para as persoas.
Desde o BNG consideramos que esta demanda veciñal debe ser resolta no menor tempo posíbel de cara a evitar situacións non desexábeis, polo que solicitamos que se atenda a demanda da veciñanza de afastar uns metros os contedores do cruce e a colocación dun espello, medidas que aumentarían a visibilidade e diminuiría dun xeito importante o risco de accidentes.
Desde o BNG cremos que unha demanda de mellora da seguridade viaria de tan sinxela solución como a que presenta a veciñanza de Sobreiras non pode agardar dous anos, polo que lamentamos o escaso interese do goberno municipal do PP en dar resposta a este problema e agardamos que se solucione antes de que haxa que lamentar algún accidente.
Por outra banda, Lucía Santos solicitou tamén o cambio de ubicación dun bo número de contedores que en moitas ocasións están pegados ás marquesiñas en diferentes lugares das parroquias de Marín.