O BNG denuncia a falta de limpeza en Loira
Lucía Santos declarou: "O estado actual da contorna en Loira é inaceptable. É imprescindible que se tomen medidas para solucionar estes problemas que afectan á seguridade e ao benestar da veciñanza."
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) alerta sobre a falta de limpeza na contorna do núcleo de Loira, unha situación que está a xerar problemas de seguridade e dificultade na mobilidade tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes.
A acumulación de area na estrada próxima á praia de Loira representa un perigo considerable para peóns e vehículos. Ademais, zonas de tránsito están afectadas por vexetación invasora e area acumulada, o que dificulta aínda máis a mobilidade e afecta negativamente ao benestar da comunidade local.
Esta situación esixe unha resposta inmediata por parte das autoridades competentes para garantir a seguridade de todos e todas. Lucía Santos, portavoz do BNG de Marín, declarou: "O estado actual das estradas en Loira é inaceptable. É imprescindible que se tomen medidas para solucionar estes problemas que afectan á seguridade e ao benestar da veciñanza."
Esta problemática vese agravada durante a tempada estival, cando o número de persoas visitantes aumenta debido á afluencia á praia. A falta de limpeza e mantemento non só representa un risco para os habitantes locais, senón que tamén disuade aos turistas de visitar a zona.
O BNG de Marín insta ao goberno local a tomar medidas para solucionar estes problemas. "É necesario actuar para garantir a seguridade e o benestar da nosa comunidade" conclúe Santos.