O BNG demanda, unha vez máis, a limpeza da variante de Marín VG-4.4

Variante5
Variante de Marín VG-4.4

A semana pasada voltamos levar o tema ao Pleno da Corporación Municipal, xa que desde o temporal da fin de semana do 10 e 11 de novembro o arcén da variante está cheo de pólas, árbores arrincadas polo vento, e o que é máis preocupante, árbores de dimensións considerábeis están a piques de cair sobre a estrada.

O BNG demanda, unha vez máis, a limpeza da variante de Marín VG-4.4

O pasado mes de febreiro o BNG levou ao Pleno da Coporación Municipal unha moción, que foi aprobada por unanimidade, solicitando que o Concello instara á Xunta ao arranxo e limpeza das beiras da variante de Marín VG-4.4.

Esta moción foi presentada como consecuencia de ter levado o tema en numerosas ocasións á Comisión de Rural nos meses previos, sen acadar ningún resultado.

Mais pasaron xa case 10 meses e nin coa aprobación da moción se están a executar os traballos de limpeza da mencionada vía, e desde febreiro o BNG segue preguntando todos os meses na Comisión por este asunto.

A semana pasada voltamos levar o tema ao Pleno da Corporación Municipal, xa que desde o temporal da fin de semana do 10 e 11 de novembro o arcén da variante está cheo de pólas, árbores arrincadas polo vento, e o que é máis preocupante, árbores de dimensións considerábeis están a piques de cair sobre a estrada..

En varios puntos da variante de Marín colocáronse sinais de perigo, mais a día de hoxe non se levou a cabo ningunha actuación para resolver a situación que levamos denunciando desde hai moitos meses, e que se agravou como consecuencia da chegada do mal tempo. No BNG continuaremos insistindo no cumprimento das normas de seguridade antes de que teñamos que lamentarnos.

Desde o BNG vemos con preocupación como o goberno municipal do PP non está a ser quen de resolver numerosos asuntos de pura xestión que se están a producir no noso Concello, polo que á manifesta incapacidade amosada nestes case 8 anos de goberno para desenvolver proxectos ambiciosos, que está a provocar o declive do noso Concello manifestado de xeito evidente na perda de 1250 habitantes desde o 2011 (4,75%), ano no que o PP chega ao goberno municipal, hai que engadirlle que non se amosa nin tan sequera capaz para xestionar asuntos cotiás, amosando unha incapacidade e falta de previsión de dimensións colosais.

O BNG demanda, unha vez máis, a limpeza da variante de Marín VG-4.4