O BNG chama á participación nas eleccións europeas para cambiar Galiza e Europa

undefined

Lucia Santos sinalou que "estas eleccións son unha oportunidade para que Galiza teña unha representación no Parlamento Europeo, garantindo que as necesidades todos e todas as galegas sexan prioritarias."

O BNG chama á participación nas eleccións europeas para cambiar Galiza e Europa

O próximo 9 de xuño, celébranse as eleccións europeas, unha cita crucial para todos os galegos e galegas. Estes comicios, os cuartos en tan só 12 meses, “son fundamentais xa que as decisións tomadas en Bruxelas afectan directamente á vida diaria da veciñanza” manifestou a portavoz do BNG Lucía Santos Omil.

Neste senso, Ana Miranda, candidata do BNG ao Parlamento Europeo, subliña a importancia de votar ao BNG e apela ao apoio dos electores presentándose como “unha voz galega para defender as nosas cousas”. En liña co dito, non é arbitrario que Ana Miranda ocupe o posto número 3 na lista, mentres que o primeiro galego do PP está no posto número 6 e o do PSdeG no número 8, o que demostra o forte compromiso do BNG con Galicia e a súa xente na representación europea.

En coherencia co anterior, Lucía Santos destacou a necesidade de seguir traballando para, por unha banda, frear o avance das dereitas e asegurar unha Unión Europea que priorice os dereitos e o benestar dos cidadáns: “Queremos construír unha Europa diferente, unha Europa social, xusta e solidaria”, sinalou. E, pola outra, seguir fortalecendo o proxecto local en Marín.

O historial do BNG de Marín reflicte un compromiso constante coa defensa dos intereses da veciñanza. Nas eleccións municipais, o partido incrementou a súa representación dunha concelleira a catro, cun aumento do 126%. Nas estatais, o incremento foi do 52% e nas galegas, do 76%. “Con Ana Miranda como defensora incansable dos intereses de Galiza no Parlamento Europeo, continuemos con esta tendencia. Se o BNG está, Galiza está. Se o BNG está, Marín está” afirmou Santos.

Ademais, a portavoz do BNG criticou a falta de enerxía na campaña electoral por parte do PP e do PSOE. “Estes partidos están a descoidar unha oportunidade para debater e promover as políticas que afectan directamente á cidadanía galega e europea”, enfatizou. Esta pasividade reflicte a súa desconexión coa realidade e coas necesidades do pobo.

Estas eleccións representan unha oportunidade para que Galiza teña unha representación forte e efectiva no Parlamento Europeo, garantindo que as necesidades dos galegos e das galegas sexan prioritarias nas decisións tomadas en Bruxelas. Deixar escapar esta oportunidade sería deixar escapar que a voz galega resoe en Europa.

O BNG chama á participación nas eleccións europeas para cambiar Galiza e Europa