O BNG chama á asistencia masiva na mobilización en defensa da sanidade pública
O BNG chama á veciñanza de MarÃn a participar na manifestación por unha atención sanitaria digna convocada pola Plataforma pola defensa do centro de saúde de Seixo, que terá lugar este domingo 27 de marzo no Centro de Saúde de MarÃn ás 12h.
No inicio da pandemia da COVID-19, a Xunta tomou a decisión de reducir drásticamente a asistencia presencial, o peche de consultorios, restrinxir consultas, probas diagnósticas e intervencións quirúrxicas nos hospitais. A decisión que tomou o SERGAS foi apostar preferentemente pola consulta telefónica.
As consecuencias son desastrosas e dous anos despois do inicio da pandemia a situación da atención sanitaria é lamentábel. Falta de persoal, servizo de pediatrÃa saturado, longas listas de espera para fisioterapia ou dentista e o desmantelamento progresivo do Centro de saúde de Seixo, son algúns dos exemplos de como a Xunta de Galiza vai castigando á veciñanza coa excusa da COVID.
Feijoo leva 12 anos recortando e privatizando servizos na sanidade pública e este é o resultado. MarÃn non é un caso aillado, Moaña, Cangas, Sanxenxo, Vigo, Tomiño ou LalÃn súmanse á lista de concellos afectados polos recortes na sanidade pública. A situación da atención primaria é o resultado da polÃtica do PP que só busca desmantelar a sanidade pública para beneficiar á privada xogando con algo tan importante como é a nosa saúde.
Após o traballo do BNG nas institucións locais e autonómicas, dende o BNG denunciamos o desmantelamento da sanidade pública co único obxectivo de favorecer á sanidade privada, folla de ruta do Partido Popular na Xunta de Galiza, e sumaremos forzas co conxunto da veciñanza, na xornada de loita que percorrerá as rúas de MarÃn, como facemos no conxunto do paÃs como integrantes da Plataforma SOS Sanidade Pública.