O BNG aposta pola Mobilidade sostible
Lucía Santos manifesta que “apostamos por un transporte público de calidade, pola limitación e ordenación do tráfico, a eliminación de barreiras arquitectónicas e a potenciación de zonas peonís.”
Lucía Santos, candidata á alcaldía de Marín, afirma que “o BNG considera que mellorar a mobilidade é fundamental para ter un urbanismo moderno e ao servizo da poboación. É un factor esencial para a mellora da calidade de vida da veciñanza.”
Santos manifesta que “apostamos por un transporte público de calidade, pola limitación e ordenación do tráfico, a eliminación de barreiras arquitectónicas e a potenciación de zonas peonís.”
Propostas do BNG para unha Mobilidade sostible:
1. Realización de estudos para a mellora da mobilidade urbana:
a. Realización dun estudo técnico do tráfico na rede viaria de Marín, coa fin de avaliar posibles melloras e inverter o modelo de mobilidade (coche-peón / peón-coche).
b. Realización dun estudo técnico para estudar a posibilidade de zonas no noso Concello para implantación de carrís bici.
2. Creación de aparcadoiros ao servizo da veciñanza:
a. Revisión e ampliación das parcelas destinadas a aparcadoiros disuasorios.
b. Estudo dunha ubicación alternativa ao aparcamento soterrado do Parque Eguren nun espazo do centro da vila recollido no PXOM como futuro uso dotacional.
3. Deseño e implantación de rutas escolares seguras para mellorar a fluidez do tráfico nas horas de entrada e saídas das aulas.
4. Eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios municipais, vía pública, etc.
5. Realización dun estudo para a instalación de pasos de peóns intelixentes que levan incorporado un sistema de iluminación LED no chan, que se activa cando un peón se acerca, activándose as luces.
6. Xestionar coas administracións pertinentes as redes viarias:
a. A mellora da seguridade
b. Impulsar a humanización
c. Intervencións paisaxísticas para mitigar o impacto visual e acústico…
7. Requerimiento ás administracións pertinentes da realización dos novos viais supramunicipais para desviar o tráfico do núcleo da vila podendo acadar a estrada PO-313 e outros lugares do municipio.
8. Requerimento á administración pertinente da reforma integral da estrada que comunica a PO-551 dende Caños de Moledo, pasando por Pastoriza coa PO-313 no alto da Cruz da Maceira.
9. Ampliación do servizo de transporte público:
a. Colaboración coa Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para fomentar liñas regulares e baixo demanda (https://www.bus.gal/gl/descargas/concellos) para mellorar as conexións comarcais facendo especial mención a Pontevedra e Montecelo (nova ruta abarcando Mogor, Seixo e Ardán)
b. Aumento da frecuencia e horarios, con especial aplicación nun maior número de buses nocturnos nas fines de semana e festivos.
c. Realización dun estudo técnico para establecer un servizo de transporte público municipal a demanda (taxis, microbuses...).
10. Negociación coa Xunta dun bono de transporte metropolitano.
11. Implantación de sinalización cognitiva para favorecer a autonomía das persoas de espectro autista, facilitando a súa orientación.