Acto Público en Seixo e as propostas do BNG
O BNG defende para Seixo un modelo de humanización urbanística
Mañá sábado terá lugar o primeiro acto do BNG de Marín destas eleccións municipais, e como nas pasadas eleccións xerais de abril comezamos en Seixo
Mañá sábado terá lugar o primeiro acto do BNG de Marín destas eleccións municipais, e como nas pasadas eleccións xerais de abril comezamos en Seixo.
Intervirán: Samu Acuña (presentador), Jessica Souto Loira (número 3 da candidatura), Pedro Cortegoso Gago (número 2 da candidatura) e Lucía Santos Omil (candidata á alcaldía de Marín)
O acto terá lugar mañá sábado 11 de maio ás 19:00h. na Casa de Cultura de Seixo (no caso de bo tempo o acto realizarase na Alameda).
O BNG preséntase ás próximas eleccións municipais cunha equipa renovada con ideas claras para mellorar a calidade de vida e a humanización das zonas urbanas e os núcleos rurais.
O BNG defende para Seixo un modelo de humanización urbanística que ten como puntos fundamentais:
- A mellora e creación de novos espazos verdes e de esparexemento.
- A mellora dos equipamentos públicos existentes e a creación de novas instalacións deportivas, pularemos pola construción do pavillón municipal.
- Un transporte público de calidade que vertebre o concello e as parroquias e nos comunique en boas condicións coa comarca do Morrazo e Pontevedra.
- A habilitación de vivenda protexida e a creación dunha bolsa de Alugueiro de Vivendas.
- Consideramos fundamental a conservación e posta en valor do noso entorno natural, potenciaremos a senda do río Loira.
- Apostamos pola implicación do concello na dinamización e promoción do comercio de proximidade de Seixo.
- Consideramos fundamental solucionar os problemas de subministración de auga en Seixo, especialmente na época estival.
- En Loira potenciaremos a súa singularidade como núcleo mariñeiro e polo tanto de especial protección.