Acto Informativo en defensa da Sanidade Pública
Hoxe xoves 19 de abril ás 20:00h. terá lugar no Museo Municipal Manuel Torres de Marín un acto informactivo en defensa da Sanidade Pública.
19 abr. 2018 - 11:04
No acto participarán representantes do BNG (Montse Prado), PSOE (Julio Torrado), Marea (Eva Solla) e SOS Sanidade Pública (Manuel Martín).
Hai uns días o PP aprobou no Parlamento Galego a Lei de Saúde, que profundiza na privatización da Sanidade Pública.
As organizacións convocantes do acto manifestamos o noso compromiso coa Sanidade Pública e o noso rexeitamento ás medidas de recortes e privatizacións que nos últimos anos ven aplicando o PP.
A Saúde é un dereito!