O BNG anima á veciñanza a asistir aos Plenos municipais
O pleno terá lugar o xoves 13 de febreiro, ás 20:00 horas, no salón de plenos do Concello de Marín e poderá seguirse de xeito presencial ou en liña.
O pleno terá lugar o xoves 13 de febreiro, ás 20:00 horas, no salón de plenos do Concello de Marín e poderá seguirse de xeito presencial ou en liña.
“Lucía Santos lamenta que novamente o goberno do PP non atenda ás preocupacións da veciñanza, amosando unha falta de respeto total e absoluta, incumprindo unha vez máis a lei de transparencia e participación cidadá.”
Compartindo voces, decidindo xuntas. Achégate ao próximo Pleno Municipal.
Lucía Santos, Portavoz municipal do BNG de Marín, manifesta que “o BNG facilitará a participación da veciñanza na vida do noso concello” e “intensificará o seu papel como canle de comunicación da veciñanza para trasladar as súas demandas ao Concello.”
Santos anuncia que “o BNG ven de crear un “buzón cidadán”, mediante un buzón na sede da praza da Veiguiña nº7 e unha conta de correo electrónico “[email protected]”, que será unha canle de comunicación coa veciñanza, onde poden trasladarse suxerencias, comentarios ou queixas coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos e das marinenses.”