Propostas do BNG para fomentar o Turismo de Calidade en Marín

20160627_170153
Praia de Aguete

O concello de Marín atópase enclavado nun punto estratéxico e privilexiado, nas Rías Baixas. Podemos presumir de contar cunhas magníficas praias, cunha gran superficie de monte chea de patrimonio arqueolóxico e etnográfico, polo que contamos con potencial dabondo para poder  ser un referente turístico de interese.

No BNG temos clara a necesidade de levar a cabo actuacións para potenciar o sector turístico, xa que suporía unha importante fonte de ingresos para o concello e incidiría positivamente no emprego.

O turismo, tamén ten a ver coa recuperación do noso patrimonio material e inmaterial. Marín posúe un rico tesouro arquitectónico, de casas singulares, de riqueza arqueolóxica e etnográfica.

Desde o BNG propoñemos unha serie de actuacións para poñer en valor o noso concello e aumentar as potencialidades turísticas.  Como primeira medida propoñemos a localización  de dúas zonas para o aparcamento de auto caravanas, unha no entorno das praias e outra perto do Lagode Castiñeiras.

Outras actuacións que entendemos necesarias son:

Posta en valor do Patrimonio Arqueolóxico  con un Plan de Patrimonio Arqueolóxico que sinalice e recupere todos os restos que se atopan en Marín.

Velar que toda esa riqueza patrimonial estea debidamente catalogada tanto no Concello como en Patrimonio.

Creación do Museo Etnográfico de Marín con seccións variadas.

Fomento das festas de carácter singular. Promover e protexer a Festa da Danza de Espadas, declarada festa de interese turístico e revitalizar a Festa dos Maios e o Enterro da Sardiña

Elaboración dun calendario de feiras gastronómicas, de artigos de segunda man, de artesanía, de produtos ecolóxicos para celebrar mensualmente os domingos nos patios da Praza de Abastos.

Plan de Recuperación do Casco Antigo e a posibilidade de mercar e  rehabilitar  edificios históricos para fins culturais e turísticos como o edificio Pais, o Pazo de Cadro, a Casa do Reloxo...

Traballar na creación de oferta de aloxamento turístico como hoteis, casas rurais ou creación dun cámping e colaborar co sector hostaleiro para ofrecer e potenciar  unha gastronomía de calidade.

Potenciación das rutas de sendeirismo existentes e creación de outras novas.

Propostas do BNG para fomentar o Turismo de Calidade en Marín