Propostas do BNG en favor do comercio e as persoas autónomas
Lucía Santos e Jessica Souto manteñen unha xuntanza co xerente da Asociación de Comerciantes “Estrela de Marín” Yonathan Carreira, para coñecer de primeira man a situación na que se atopa o comercio local coa grave crise causada polo coronavirus, e trasladar as propostas que presentamos dende o BNG para paliar a situación e axudar a permanencia do pequeno e mediano comercio.
Este luns Lucía Santos (Portavoz Municipal do BNG de Marín) e a compañeira Jessica Souto mantiveron unha xuntanza co xerente da Asociación de Comerciantes “Estrela de Marín” Yonathan Carreira, para coñecer de primeira man a situación na que se atopa o comercio local coa grave crise causada polo coronavirus, e trasladar as propostas que presentamos dende o BNG para paliar a situación e axudar a permanencia do pequeno e mediano comercio.
Dende o BNG pensamos que hai que empezar a traballar tanto dende o goberno central, como o goberno autonómico e o municipal levando a cabo medidas de apoio ao comercio local que xa viña sofrendo unha crise e agora agrávase moito mais polas consecuencias económicas derivadas do coronavirus.
Por isto, presentamos unha serie de medidas que axuden a reavivar a economía local como eliminar a cota de autónomos durante un período inicial de 3 meses.
Que dende a Xunta poña en marcha axudas directas para as persoas autónomas por valor de 2.000 euros para compensar o período de inactividade forzada ou atrasar o inicio das rebaixas cando menos até o mes de agosto.
Atrasar o período de rebaixas como mínimo un mes para que empecen en agosto e non en xullo e así poder compensar as perdad desta parálise.
Poñer límites na liberalización dos períodos de rebaixas e regularizar os horarios comerciais. As asociacións de comerciantes xa levan tempo reclamando esta proposta que só beneficia as grandes superficies polo que urxe levala a cabo para o apoio do comercio de proximidade.
Promover dende o goberno municipal campañas de apoio ao comercio local e concienciación sobre a importancia económica que ten mercar no pequeno e mediano comercio.