Presentación de “O bestiario científico de Anxos Nogueirosa”, de Antonio Manuel Fraga
A Axenda Cultural do BNG de Marín prosegue a súa andaina
O venres 5 de Abril as 20:00h terá lugar no Museo Municipal Manuel Torres a seguinte parada da axenda cultural levada a cabo polo BNG de Marín. Nesta data contaremos coa compaña de Daniel Chapela, colaborador cultural natural de Meiro (Bueu) Andrea Jamardo (editora) e Antonio Manuel Fraga, xoven escritor de Pontedeume gañador do I Premio María Victoria Moreno de literatuta xuvenil convocado polo Concello de Pontevedra e Urco Editora coa súa obra “O bestiario científico de Anxos Nogueirosa”.