O Pleno municipal condena o ataque á sede do BNG

IMG20211208123142

Lucía Santos manifestou que “estas accións son moi graves xa que atentan contra o dereito á liberdade ideolóxica polo que resulta de vital importancia condenar dende as institucións este tipo de actuacións.”

O Pleno municipal condena o ataque á sede do BNG

A portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, trasladou ao Pleno Municipal celebrado este pasado xoves, unha moción oral por vía de urxencia para solicitar o apoio á corporación municipal para condenar o ataque sufrido na sede do BNG de Marín.

Lucía Santos manifestou que “estas accións son moi graves xa que atentan contra o dereito á liberdade ideolóxica polo que resulta de vital importancia condenar dende as institucións este tipo de actuacións.”

A portavoz municipal do BNG, agradeceu o apoio unánime da corporación á condena do ataque ao BNG e sinalou a importancia de rexeitar calquer tipo de actuación que alimente o odio ideolóxico. “Este ataque premeditado ten a intención de silenciar e ocultar a imaxe do BNG dun xeito covarde e antidemocrático, ante o que seguiremos traballando día a día polo noso pobo sen renunciar aos nosos principios.”

Por último, a organización do BNG de Marín agradece as múltiples mostras de apoio e solidariedade recibidas dende diferentes puntos do país.

O Pleno municipal condena o ataque á sede do BNG