O BNG celebra o Día da Patria cun acto público
O BNG convida á veciñanza a un acto público, o sábado 20 de xullo ás 20:30 horas na Praza da Veiguiña, para conmemorar o Día da Patria Galega. O acto contará coa participación destacada de Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, e Lucía Santos, voceira municipal do BNG en Marín. O evento contará coa música en directo do artista Andrés Pena.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Marín, con motivo do Día da Patria Galega, organizará un acto conmemorativo para homenaxear esta data. O evento terá lugar o sábado 20 de xullo ás 20:30h na Praza da Veiguiña, xunto ao local do BNG. O acto contará coa participación destacada de Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso, e Lucía Santos, voceira municipal do BNG en Marín.
O evento contará coa música en directo do artista Andrés Pena, garantindo así un ambiente festivo e de celebración para todas as persoas asistentes. "O Día da Patria Galega é unha ocasión para reflexionar sobre a nosa identidade e o noso futuro como nación. A nosa forza é imparábel, e eventos coma este son fundamentais para unirnos e seguir traballando xuntas por un futuro mellor" destacou o Consello Local.
O BNG de Marín anima a toda a veciñanza a participar neste acto, reafirmando o seu compromiso coa cultura galega. A participación cidadá é esencial para continuar construíndo unha Galiza forte e próspera.